A Newsletter da Facultade de Comunicación de Pontevedra sobre contidos audiovisuais e publicitarios feitos en Galicia e en galego! 👩‍💻

Podcasters galegos 🎧

 

¿Sabes o que é un Podcast? En Galicia estos novos contidos radiofónicos cóntanse por moreas. Son moitos e moi diversos.

 

Ler esta Newsletter só leva 8 minutos!⌛

 

En 2022 a escoita de podcast duplicouse en relación ao pasado ano

Hoxe en día a maioría das persoas que se moven pola contorna dixital coñecen os podcast, contidos de audio episódicos dispoñibles para escoitar cando e onde queiras. Básicamente como a radio tradicional pero sen estar suxeito a un horario determinado. 

  • 📻 As vantaxes para os oíntes. O punto forte do podcast é precisamente a liberdade que ofrece aos oíntes para organizar o seu tempo como desexen. Podes escoitar un podcast dende calquer sitio a calquera hora, só con ter un móbil ou un ordenador á túa disposición. Esta facilidade sumada á variedade de contidos dispoñibles provocou que, según o informe do estado do podcast do observatorio de Ivoox, a escoita deste formato duplicárase en 2022.
  • 🎙As vantaxes para os creadores de contido. Por suposto, os oíntes non son os únicos que saen gañando coa existencia do podcast. A día de hoxe este formato está supoñendo unha democratización para a creación de contidos de audio. Para crear o teu podcast só tes que ter unha grabadora (mesmo a do móbil pode valerche) e a posibilidade de subilo a calquer plataforma, dende Spotify, ata Ivoox, pasando por Podimo ou mesmo Youtube.
Main Article Image Related

📌O importante: O podcast en Galicia

Por suposto podcast hainos en todos os idiomas, e en galego tamén! En Galicia, según Uxío Broullón nun artículo para o libro Podcasting. Tú tienes la palabra, a historia podcast remóntase a máis de 15 anos atrás con Plan Galicia de Mariano Grueiro. É difícil cuantificar cantos podcast en activo haberá no noso territorio a día de hoxe, o que está claro é que cada vez son máis.

Entre tantos contidos no país (só IVoox conta cun catálogo con máis de 380.000 podcast en castellano) as veces pode resultar complexo atopar podcast en galego (tamén chamados falangullos! 😎), polo que para facilitar as cousas a todos aqueles que queren mergullarse neste interesante universo de audio en 2006 nace Podgalego un espazo na rede que fai a labor de directorio de podcast recopilando unha listaxe de falangullos en galego. 

Podgalego tamén é un recurso interesante para os creadores de contigo xa que actúa como lugar de encontro para a comunidade do podcasting, contando cunha sección de recursos para comezar o teu proxecto, apartado de noticias para estar o día e incluso un grupo de Telegram para “axudármonos unhas as outras e “argallar” proxectos comúns”.

 

En Podgalego pódense atopar case 150 podcast en galego en activo

Podgalego agrupa a gran maioría dos podcast que se fan e que se fixeron en galego cunha listaxe de máis de 200 proxectos entre os activos e os inactivos. Na súa web os podcast están ordeados en categorías (máis de 60 😱), polo que é moi sinxelo atopar o adecuado para cada un. Actualidade, arte, cultura, humor, música, series, feminismo ou gastronomía son só unhas poucas da morea de temáticas que compoñen os podcast en galego. 

 
Main Article Image Related

O apartado de recursos de Podgalego non se queda atrás en utilidade. Plantexarse a posibilidade de crear un podcast propio non é en absoluto unha mala idea, xa que, como dicíamos, non supón unha gran inversión inicial (o importante é o que teñas que contar!). En Podgalego un pode encontrar un feixe de consellos para comezar, dende o mellor sofware para grabar ata onde encontrar música e sons libres. 

 
 

📍TOP 5 TEMAS MÁIS ESCOITADOS EN 2022: EDICIÓN GALICIA

Estos son os temas máis escoitados en España no universo podcast en 2022 según o observatorio de Ivoox, aquí vos compartimos a edición Galicia con algúns dos proxectos que se fixeron (ou estanse facendo) no noso territorio en torno a estas temáticas. Sen embargo, o abanico de posibilidades é moito máis amplio, animámosvos a buscar no directorio de Podgalego , por internet ou nas redes sociais os podcast que máis se adapten aos teus intereses. E se estás pensando en crear o teu propio podcast non o dubides e comeza xa!

📜Historia e humanidades

O tema máis escoitado do 2022 en España foi "Historia e humanidades". En Galicia algúns podcast que encaixan neste apartado según Podgalego poderían ser:

  • A voz do demo
  • Que din os rumorosos
  • Historia medieval de Galicia
Article Example Image
 

👽Misterio e outras realidades

O segundos podcast máis escoitados no 2022 foron os que xiraban en torno ao misterio e a outras realidades. Proxectos como Malva e Duarte falan de misterios entrarían nesta categoría en Galicia.

Article Example Image
 

💰Política, economía e opinión

Os Podcast sobre política, economía e opinión son moitos e moi variados en galego. Algúns exemplos do que podemos atopar pola rede:

  • Galizalivre
  • As Womansplainers
  • A actualidade está sobrevalorada
Article Example Image
 

🤣Humor e entretemento

A categoría de humor e entretemento foi a cuarta máis escoitada e abarca podcast galegos como:

  • Exército Mekemeke
  • Conversas perversas
  • Francamente cariño
Article Example Image
 

⚽Fútbol (Deportes)

Os podcast máis escoitados en quinto lugar foron os relacionados co fútbol. Algúns podcast  en galego sobre deporte moi interesantes:

  • Fala baratos
  • In the corner
  • Empeine galego
Article Example Image
 

📍BONUS: AUDIOVISUAL E PUBLICIDADE

Para rematar a primeira entrega da newsletter da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo é importante sinalar que en Galicia e en galego tamén se poden encontrar diversos podcast sobre audiovisual, comunicación e mesmo marketing. Algúns exemplos:

  • Cine Beta
  • Espazo Negativo 
  • Zona Wifi: fóra de cobertura
  • Marketing en Galego

Aposta pola cultura en galego! 🤩

 
Facebook Twitter Instagram