A Newsletter da Facultade de Comunicación de Pontevedra sobre contidos audiovisuais e publicitarios feitos en Galicia e en galego! 👩💻
|
|
|
|
A revolución publicitaria galega 👩💻
|
|
|
|
|
Por que facer unha campaña en galego? Repasamos os exemplos máis salientables e exitosos do panorama publicitario, dende os pioneiros ata os últimos anos 😌.
|
|
|
|
Ler esta Newsletter só leva 11 minutos!⌛
|
|
|
Publicidade en galego? Pois claro!
|
Tódolos días chegan a nós numerosas accións de axencias ou compañías que non empregan o galego na súa estratexia de comunicación habitual, o que pode provocar que alguén se pregunte "por que?" cando unha decide empregalo.
|
O certo é que utilización do galego nas campañas publicitarias é un feito que non precisa xustificación. Falamos galego porque si. É a nosa lingua, a que empregamos para comunicarnos, e polo tanto tamén é a lingua das nosas marcas.
|
Pero, alén diso, empregar unha determinada lingua en publicidade tamén pode ser unha razón de peso que traia beneficios para as nosas compañías:
|
- 🗣 Crear unha conexión emocional coa poboación será moito máis doado, xa que conseguiremos que a marca conecte coa identidade cultural galega. Isto diferenciaranos rapidamente da competencia e, como consecuencia, reforzará a nosa imaxe de marca.
|
- 🧠Tratase dunha interesante extratexia de personalización da experiencia dos nosos clientes, traballamos naquilo que sinte cando se expón aos nosos mensaxes, facilitando a súa identificación cos nosos valores e repercutindo nun aumento do CTR e do Engagement.
|
A todo isto súmase a presenza do galego nas novas canles de comunicación. Fronte a crenza de que é unha lingua que só conecta coas xeracións máis maiores e con mensaxes tradicionais, o certo é que a 👅 está moi viva nos novos formatos e medios que se distribúen a través das redes sociais.
|
Son numerosas as marcas e as campañas que durante moito tempo expresáronse en galego, o que ven a concluír que comunicar en galego, ademais de factible, é rendible.
|
🎨 Unha pincelada histórica
|
Ala polo final do século XIX, comezaron a aparecer nos xornais galegos os primeiros anuncios que empregaron a nosa lingua. Polo xeral, tratábase de publicidade de negocios locais como reloxarías, xastrarías ou librerías… mais o primeiro do que temos constancia é dun anuncio da empresa americana de máquinas de coser, Singer. Publicouse na revista A Monteira, coa seguinte mensaxe:
|
“Máquinas pra coser d’a compañía fabril Singer. Fixarse ben pra non ser enganados. Notabres rebaixas n-os preceos e grandes descontos o contado. Coidado co-as falsificaciós e imitaciós alemáns. Pídas’o catálogo que se da de valde”.
|
Este é un exemplo dos anuncios que comezaban a asomarse cada vez con máis frecuencia nas publicación galegas como O Vello do Pico-Sagro, O Tío Marcos d’A Portela, O Galiciano ou a citada A Monteira. Estes medios servían de soporte para que os negocios e compañías locais acadaran un alcance moito maior que o orgánico.
Co paso das décadas, os medios informativos e de entretemento evolucionaron e os avances tecnolóxicos permitiron a creación de novas canles de comunicación como foi a radio, a televisión e máis adiante os medios de difusión online.
A comunicación publicitaria non se quedou atrás e foi adaptando rápidamente as súas mensaxes ata os nosos días. O certo é que dende aquel anuncio de máquinas de coser Singer ata o último trend de TikTok en galego as cousas cambiaron un chisco. Hoxe en Feito na Casa repasamos algunhas das campañas publicitarias máis notorias, premiadas e auténticas do panorama galego.
|
|
|
Algunhas campañas icónicas 🏆
|
Se o teu profesor da autoescola utiliza para ensinarche como circular por unha glorieta a expresión "Be water my friend" ou o teu compañeiro de clase afirma rotundamente que é un "Tío, tío!", resulta realmente doado identificar a que marcas están referenciando.
Pois coas campañas galegas o mesmo. Non é complicado escoitar pola rúa un "Maloserá!" ou recordar inmediatamente aquel emblemático anuncio cando escoitamos o termo Ratibrom.
As grandes compañías de Galicia coma Gadis, R ou Larsa foron as protagonistas dalgunhas das campañas ou anuncios máis icónicos das últimas décadas. Elas mesmas apostan por transmitir na súa imaxe de marca o "sentimento de pertencer", polo que o emprego do galego nas súas comunicacións é case unha obriga.
|
📞 "R é un pouco diferente"
|
Tras a liberalización do mercado das comunicación, naceu a compañía R Cable, que desplegou os seus servizos polas grandes cidades e vilas da comunidade, e lanzaba en 1999 a súa primeira campaña televisiva "R é un pouco diferente" con este spot en galego dirixido por Isabel Coixet.
Anos máis tarde, publicitarían asi as súas tarifas para teléfonos fixos e mobiles:
|
|
|
|
🐀 Ratibrom: campaña icónica que perdura co paso do tempo
|
Se tratamos campañas icónicas da nosa terra, temos que falar de Ratribrom (nin rata nin rato!), un traballo de 20 anos, que continúa vixente sosténdose nos mesmos piares que nos seus comezos: mesmo slogan, mesma cara protagonista e o humor como vehículo de comunicación.
Ao longo das últimas décadas producíronse numerosos spots de Ratibrom, a marca de raticida fabricada pola galega Impex Europa, pero todos eles empregaron o galego como lingua. Destacamos o seu último traballo, co que a compañía demostrou saber adaptarse á corrente audiovisual do momento apostando polo formato webserie con A sitcom do Ratibrom. Nesta pequena serie de sketches o rexente dunha tenda de venta de raticidas convence aos seus clientes que a mellor solución contra os ratos e, por suposto, Ratibrom.
|
|
|
|
🐄 Larsa: explotando a "galeguidade"
|
Outra marca que podería estar no 🔝de empregar o galego na súa comunicación é, por suposto, Larsa. Se pensas en marcas galegas é difícil non recordar a Larsa, polo que tampouco é de extrañar que as súas campañas teñan tanta repercusión na comunidade.
Algunhas das campañas máis destacadas poderían ser o spot en colaboración co Xabarín Club O leite mola (imposible máis "galeguidade" 🙅) ou a última campaña premiada da compañía: Benvidos, novos Larseiros! (obtivo o Premio Publicidade en galego 2019 na categoría radio).
|
|
|
|
🛒 Gadis: "Vivamos como galegos!"
|
Por suposto que non podía faltar o Vivamos como galegos! neste recopilatorio. A multipremiada campaña de Gadis conseguiu calar na sociedade galega con slogans que partían do propio acervo popular como foron tamén o “Maloserá!” ou o “Se chove que chova”.
Apelando á idiosincrasia galega e aos nosos costumes as campañas de Gadis traspasaron as fronteiras de Galicia (non hai fronteiras🎶!), converténdose incluso nun dos primeiros "viráis" galegos compartíndose en masa polas redes sociais.
|
Actualidade: séguese apostando pola lingua galega 🤸♀️
|
Pero o uso da linga galega na publicidade non é só cosa do pasado, nos últimos anos séguese apostando por ela, tanto no caso de marcas de gran tamaño como no caso de compañías máis modestas. O talento das marcas para diferenciarse no mercado facendo uso do galego continúa vixente, e cada vez máis. Como dicíamos ao comezo, por que non ía facerse?
Por exemplo, Estrella Galicia, a compañía cervexeira da Coruña, obtivo a Prata no Festival El Ojo de Iberoamérica 2022 coa campaña Prohibido baixar os brazos, coa que buscaban, en palabras da compañía, "lanzar unha mensaxe de apoio e sensibilidade a todos aqueles que resisten cada día".
Dende a comarca do Salnés, Martín Códax, unha das bodegas galegas que máis teñen presente o galego na súa comunicación, conseguiu no ano 2019 o Premio da Publicidade en Galego coa súa campaña Fillos do Atlántico.
|
Para o Día das Letras Galegas de 2021, Gadis apostou por unha campaña na que organizou un concurso de microrrelatos en galego e fixo unha publicación titulada 15 voces da nova poesía galega que incluía o traballo de 15 novos poetas galegos e da que se distribuíron 30000 exemplares. Esta campaña foi premiada nos premios AdForum PHNX 2022 de París.
Pola súa banda, R, coa campaña Noticias incribles do Combo Infinito, foi a vencedora na sección Print dos Premios WINA 2022, na que se galardoan os mellores deseños pola súa calidade gráfica e impacto visual.
|
E, por exemplo, no caso do sector público, o Concello de Bueu levou a cabo o ano pasado a acción para as Xornadas da Fala: O galego 3.0. Unha aposta doble, polo galego é polos novos medios de comunicación, cun certame express chamado "Mergullándonos no galego" no que os e as participantes tiñan que crear un TikTok de temática libre e etiquetalo co cancelo #sevouatiktok. O vídeo co que presentaron o concurso conseguiu máis de 300 mil visualización, demostrando unha vez máis que o galego non é incompatible ca viralidade!
|
Premios, identidade e personalidade! 🤗
|
Por se aínda non quedou o suficiente claro, o emprego do galego na publicidade non impediu as marcas de Galicia acadar infinidade de premios, nacionais e internacionais, senón todo o contrario.
Gadis, Larsa, Estrella Galicia ou R reafirman as súas imaxes de marca apostando pola identidade cultural e pola lingua galega.
Menos "Por que en galego?" e máis "Pois claro que en galego!".
|
|
|
|