A Newsletter da Facultade de Comunicación de Pontevedra sobre contidos audiovisuais e publicitarios feitos en Galicia e en galego! 👩💻
|
|
|
O circuíto galego de "festis" de curtas!
|
|
|
|
Que podo facer ca miña curtametraxe agora que rematei? Como estar ao día coas convocatorias dos festis? Pero cantos festivais hai? 🤯 Hoxe repasamos algúns dos pasos que podes seguir no proceso de distribución da túa curta.
|
|
|
|
Ler esta Newsletter só leva 9 minutos!⌛
|
|
|
Remataches a túa curta, agora que? 🧐
|
O proceso de facer unha curtametraxe dende logo non é fácil. A idea, a preprodución, a rodaxe, a pospo… E agora que xa tes a curta rematada que toca? Pois podes subila a Youtube ou ensinala nas comidas familiares e aos teus amigos e coñecidos, pero o seu é movela.
Unha idea interesante para a fase de distribución da túa curta e presentala ao circuito de festivais de curtametraxes galego. En Galicia temos unha gran variedade de “festis” repartidos por toda a comunidade, con estilos moi diversos, seccións variadas e diferentes baremos de premios.
Algúns detalles que podes ter en conta:
|
-
🏫Se a túa curta naceu como parte dun proxecto da universidade ou escola de cine podes optar aos festivais que contan con "seccións escola". Trátase dunha opción moi interesante porque competirás con curtas do teu mesmo nivel (presupostos máis axustados e menos medios). Aínda que as pezas deste tipo de seccións son cada vez máis boas e interesantes, os xurados poden ser menos esixentes en canto á calidade técnica.
|
- 📝É importante que estudes os festivais aos que vas mandar a túa peza para ver se o seu estilo se axusta co da túa curta. Algúns festivais teñen unha liña moi marcada en canto ás narrativas ou o nivel das pezas, polo que no caso de que a inscrición custe cartos quizais podas aforrarte uns euros se o teu presuposto para distribución é limitado. Podes facer unha lista dos festis que máis encaixan coa túa curta e dos que teñen inscrición gratuíta.
|
- 🚀Se non tes limitacións de presuposto: manda a túa curta a todos os festis que podas. Seccións escola (se a túa peza cumpre os requisitos), seccións oficiais, nacionais, internacionais. Non teñas medo!
|
✉️ As túas aliadas: plataformas de envío de curtas
|
O certo é que a lista de festivais galegos nos que un pode enviar a súa curtametraxe e bastante extensa o que pode facer que sexa difícil abarcalos todos 💸 e estar ao tanto de todas as datas e plazos de inscrición.
Unha boa estratexia é comezar a fase de distribución estudando os festis máis interesantes para a nosa peza e facer un listado coas datas, as cotas, etc.. Aínda así, é importante ter en conta ás plataformas de envío de curtametraxes (se o que tes é unha longa, tamén hai festivais e seccións deste tipo nas plataformas) xa que hai festivais que non contan cun formulario de inscrición propio senón que empregan estas plataformas pola súa sinxeleza e comodidade.
Nas plataformas de envío de curtas ti creas unha ficha da túa peza con todos os detalles (sinopse, membros do equipo técnico e artístico, biografía do director ou directora, etc.), esa información queda rexistrada polo que non tes que cumprimentala cada vez que inscribas a túa obra a un festival (excepto nos casos que pidan información específica a maiores). Na plataforma hai un directorio con infinidade de festivais aos que podes enviar a túa curta.
Como no caso dos formularios propios das páxinas web dos festivais, as plataformas tamén soen ter unha cota por cada inscrición que realices (de entre 2 e 5 euros aproximadamente no caso das curtas). Algunhas, sen embargo, contan con bonos que podes adquirir para ter inscricións anuais ilimitadas, como é o caso de Festhome ou Movibeta (dous das máis empregadas en Galicia e en España xunto con Shortfilmdepot ou Clickforfestivals).
|
|
|
Repasamos algúns festivais galegos🎬
|
A lista de festivais galegos de curtametraxes ou que contan cunha sección de curtas é moi extensa e cada ano nacen máis. Esta variedade é moi positiva para os creadores e as creadoras, pero pode resultar abafadora.
Para facilitar o traballo daqueles e daquelas que estean a piques de enfrontarse ao proceso de distribución dunha curtametraxe, aquí tedes unha lista dalgúns festivais galegos de curtametraxes (ou con sección de curtas):
|
En Galicia temos dous festivais de cine con seccións que cualifican para os Goya (uoooo): o Curtocircuito e a Mostra de Curtas Vila de Noia.
Para que un festival galego cualifique para Goya ten que facelo a través dunha sección nacional (é dicir, que acepte curtas de todo o territorio español). Neste caso, o Curtocircuito cualifica co "Premio Penínsulas" e a Mostra de Curtas de Noia co "Premio al Mejor Cortometraje".
Presentar a túa curta nunha sección nacional é unha opción interesante, pero tes que ter en conta que competirás contra un maior número de participantes, polo que pode ser máis complexo acadar a selección. Moitos dos festivais galegos contan con seccións de curtametraxes exclusivamente da comunidade autónoma. Normalmente algúns dos requisitos son que a peza esté dirixida por un director ou directora galego, que esté producido por unha productora galega ou que máis do 70% da equipa sexa galego.
|
O mellor consello: non desesperes 🤡
|
Igual fixeches unha lista moi extensa de festis e mandaches a túa curta a todos sen pensar en se encaixan ca túa peza (ou se a túa peza encaixa neles 😅) ou mandaches a todos os festivais de Galicia, aos nacionais e aos internacionais. Neste caso quizais non te seleccionen na maioría, é o normal, pero non desesperes!
Algúns consellos:
|
-
O máis importante á hora de presentar a túa curtametraxe a un festival é: lerte as bases❗. Sabemos que pode ser un pouco complicado ler todas as bases dos festivais aos que pensas mandar a curta pero é fundamental que cumpras todos os requisitos, que envíes toda a documentación e que os correos ou números de contacto estean ben escritos. Os programadores poden ter centos de curtametraxes por visionar, polo que quizais o feito de non cumprimentar correctamente a inscrición pode facer que a túa curta nunca chegue a ser vista.
|
Aínda que o circuíto de festivais é unha opción moi interesante á hora de mover a túa curta, non é a única. Podes presentala a ciclos de cine, movela por redes sociais, facer diferentes presentacións pola túa zona ou incluso ofrecerte a levala a colexios e institutos. Se a túa curta non logra as seleccións que esperabas, de novo, non desesperes, proba noutros festivais e recorda que non é unha fase sinxela. O mellor consello: non deixes de crear.
|
|
|
|