A Newsletter da Facultade de Comunicación de Pontevedra sobre contidos audiovisuais e publicitarios feitos en Galicia e en galego! 👩‍💻

 

👽Explorando Novos Formatos: a vangarda dos contidos audiovisuais galegos🧨

 

Galicia está no epicentro dunha revolución audiovisual emocionante, donde a tradición e a innovación camiñan xuntas. Dende fai décadas os artistas e as artistas galegas veñen traballando formatos disruptores e innovadores nos que experimentan ca son, a imaxe e o medio.

 

Ler esta Newsletter só leva 6 minutos e medio!⌛

 

As fronteiras dos formatos: Videoarte 🖌

O cine é unha arte en si mesma, a sétima arte. Sen embargo, dentro da propia creación audiovisual atopamos diferentes formatos que transitan nas fronteiras da arte literal e figurada, que habitan na intersección, na tanxente. Misturando conceptos, medios e posibilidades os autores e autoras galegos crean pezas que non se poden adscribir a un xénero específico. Algúns cualificarían a este tipo de proxectos de vídeoarte ou videocreación -outros sen embargo preferirán omitir as etiquetas-.

 

Sen embargo, a vídeoarte non é un xénero como tal, senón unha forma de expresión que se presta a unha ampla variedade de representacións e enfoques creativos. Algúns tipos de representacións artísticas que poderían considerarse videoarte poderían ser as videoinstalacións, os videoensaios, a animación experimental, as narrativas non lineais, as performances en vídeo, as colaboracións multimedia -proxectos que integran vídeo e outras formas de arte como a música, a poesía, a pintura ou a escultura, para crear experiencias multidisciplinares-, a arte conceptual en vídeo, o vídeo documental experimental, o vídeo interactivo ou o videomapping.

 

Estes son tan só uns poucos exemplos, xa que os novos formatos e a videoarte continúa evolucionando a medida que os creadores e as creadoras exploran as diversas posibilidades deste medio expresivo. 


Este tipo de proxectos son unha posibilidade e unha realidade máis dentro do amplo espectro do audiovisual. Na videocreación a figura do “artista/creador” adquire infinidade de matices. As regras técnicas perden importancia fronte a experimentación e o desenvolvemento de novas linguaxes audiovisuais.

 

🙌🎥 Pioneiras e pioneiros

Cando falamos de pioneiros e pioneiras tamén temos que recordar aquelas figuras que traballaron a experimentación no campo da videocreación, apostando por formatos diferentes e transgresores. As décadas dos oitenta e dos noventa foron precisamente anos de probar novas formas de expresión, xurdindo pezas como Veneno Puro (1984) dun novísimo Xabier Villaverde -proxecto que faría que os medios da época o proclamasen “videoartista”-, Salvamento e Socorrismo (1985) do escritor e músico Antón Reixa -unha peculiar adaptación dos seus propios poemas ao cine-, ou Narciso de Patricia Dopico -na que a autora experimentaba coa performance en vídeo para revisar o coñecido mito grego-. Por suposto, tamén destacan outros nomes como Manuel Romón co seu Strip-tease, un film didáctico, Xulio Correa con Homes obxecto, Manuel Abad, Eloy Lozano, Antón Mouzo, etc.

 
 

Precisamente a finais dos setenta e principios dos oitenta xurdía o movemento rupturista da “Movida” e nos anos noventa fundábase a primeira Facultade de Belas Artes de Galicia, dous eventos históricos que influíron en gran medida na forma de crear dos autores e autoras da época. Moitos apostaron polo fin dos convencionalismos e pola confluencia de formatos para romper co que se viña facendo en Galicia e en España en xeral. O final todo se resumía nunha cousa: crear con liberdade. 

 

📅 A actualidade da videocreación 🆕

O certo e que dende os setenta ata agora non deixaron de xurdir novos creadores e creadoras que apostan polos novos formatos e as novas narrativas. Nos últimos anos, grazas en parte ás novas tecnoloxías e á democratización dos medios audiovisuais e dixitais, Galicia converteuse nun terreo fértil para o desenvolvemento de proxectos cada vez máis creativos e que implican unha maior mistura de formatos e soportes.

 

Destacamos nomes de novos creadores como o de Adrián Canoura, co seu traballo no eido do videoclip e do cinema e vídeo experimental; Aldara Pagán e a súas pezas de experimentación fílmica e persoal; Roi Fernández, artista transmedia e videocreador nos eidos do arte de acción en Galicia, do cine, performance, Live Cinema, motion graphics, videomapping, animación e formas polipoéticas; ou Acacia Ojea, cos seus traballos nos que a música e as visuais conflúen en formas psicodélicas e astrais. 

Así, Galicia coa súa rica herdanza cultural e a súa escena artística efervescente, camiña cara converterse nun fervedoiro de espazos culturais onde converxen tradición e vangarda, ofrecendo un emocionante panorama da creación audiovisual contemporánea.

 

E que pasa cos videoxogos e as historias interactivas?

Por suposto, non podemos esquecer, se falamos de outras narrativas, ós videoxogos e ás historias interactivas. A día de hoxe, a fronteira entre o videoxogo e o cine en moitos casos a define a interacción, xa que temos xogos con historias tan cativadoras como o mellor dos thrillers ou o máis desgarrador dos dramas. Sen embargo, esta barreira estase diluíndo xa que dende hai poucos anos tamén temos series interactivas. Netflix deu o pistoletazo de saída en 2018 con BlackMirror: Bandersnatch e nos en Galicia con Amnesia 3.0 de Irene Pin, gañadora do premio á produción de proxecto no Festival Carballo Interplay no 2019 e nominada á Mellor Serie Web nos Mestre Mateo en 2020.

 
 

Conclusión: non hai fronteiras

A innovación e a experimentación sempre foron parte da nosa historia audiovisual. Os autores e autoras galegos crean contidos diferentes e diversos dende fai décadas, e cada vez máis. Non hai límites para a creatividade, as creacións audiovisuais non teñen porque seguir unhas regras se non queres que as teñan. Un pode transitar entre formatos para poder expresar o que ten dentro.

 
 
 
Facebook Twitter Instagram