A Newsletter da Facultade de Comunicación de Pontevedra sobre contidos audiovisuais e publicitarios feitos en Galicia e en galego! 👩‍💻

 

Meme márketing: novas formas de facer publicidade en internet

 

Os creativos e creativas galegos saben que nas redes sociais nada mellor cun bo meme ou un copy divertido para xerar engagement a través do humor e da autenticidade. Hoxe repasamos algúns exemplos desta nova tendencia "marketera".

 

Ler esta Newsletter só leva 4 minutos e medio!⌛

 

Que é o "meme márketing"?

A día de hoxe todo bo creativo millenial ou xeración Z coñece o termo "Meme Marketing", pero para aqueles que non estean familiarizados cunha das prácticas máis de moda da publicidade en redes sociais imos responder á pregunta: que é o “meme márketing”?

 

Pois ben, o meme márketing é unha estratexia publicitaria que fai uso de memes virais para promocionar unha marca ou un produto. Aproveita o humor e a cultura de Internet para conectar de maneira orgánica coa audiencia, xerando engagement e visibilidade en plataformas dixitais. 


Os motivos polos que funciona tan ben son diversos. Principalmente débese a que os memes soen reflectir situacións da vida cotiá, problemas comúns ou experiencias compartidas empregando o humor, o cal é unha excelente ferramenta emocional. Os memes xeran unha identificación inmediata, mentres que o seu formato visual e a súa habilidade para adaptarse ás tendencias actuais facilitan a viralidade, é dicir, son sinxelos de compartir. Invitan á participación colectiva, xerando un engagement significativo, ao integrarse de maneira eficaz na cultura de Internet e ofrecer unha alternativa máis lixeira á publicidade tradicional.

 

🤡 Cada vez máis memes nas axencias e marcas galegas!

Cada vez son máis as axencias que entenden e aproveitan esta nova forma de facer contido publicitario en Internet, algunhas incluso ofrecendo o “Meme Márketing” como un servizo máis. En Galicia unha das axencias que máis emprega este tipo de forma de facer publicidade en Internet e a Axencia Trend, sobre todo nas súas propias redes sociais pero tamén ofrecendo ese servizo aos seus clientes. 

I'm an image
I'm an image

O meme márketing permite que as marcas e os seus produtos sexan percibidos como actuais e xuvenís. Os memes poden adaptarse facilmente a eventos e tendencias do momento, polo que crear contidos baseados neles da a sensación de axilidade e relevancia. Marcas galegas como Galuresa ou Rei Zentolo tamén apostan polos memes  nas súas publicacións.

I'm an image
I'm an image

Ata o equipo que leva as contas do club Celta de Vigo empregou unha estratexia de comunicación baseada no meme en máis dunha ocasión!

 

💧A batalla das augas: o poder dun copywriting rompedor

Ademais de memes, tamén compre destacar que dende hai uns anos xa son moitas as marcas que empregan un estilo diferente e rompedor á hora de facer copywriting. Un gran exemplo é a viral campaña de Fontecelta, á que despois sumaríase Cabreiroá e finalmente, un pouco de rebote, aceites Abril.

 

Iso si, só Cabreiroá e aceites Abril apostaron pola comunicación en galego nesta batalla, cuestión que moitos tildaron de moi acertada xa que como sabemos: pódense facer contidos en galego en Galicia!

 

Esta campaña tan orixinal é un exemplo de confluencia entre a publicidade máis tradicional e a máis actual. Neste caso, aínda que empregouse publicidade exterior (un valado publicitario de toda a vida), a intención era a viralización dixital, algo que logrouse unicamente co uso dun copywriting rompedor.

 
 
 

Novas oportunidades para os creativos galegos

Definitivamente estamos nun momento no que case todo vale na publicidade en Internet! Hai moitísimos recursos a disposición dos creativos e creativas galegos para poder chegar de forma orgánica ás comunidades e clientela. 

 

Sen embargo, aínda que son moitas as marcas a nivel nacional e autonómico que apostan por unha estratexia en redes de comunicación informal apoiada polo meme márketing e o copywriting innovador e próximo, é importante facer un estudio de mercado para asegurarnos de que se trata dunha boa decisión acorde cos valores da marca e coas preferencias do público obxectivo. En algúns casos, os resultados obtidos son contrarios aos que se buscan, xa que a viralidade non sempre é sinónimo de éxito. 

 
 
Facebook Twitter Instagram