A Newsletter da Facultade de Comunicación de Pontevedra sobre contidos audiovisuais e publicitarios feitos en Galicia e en galego! 👩💻
|
|
|
Documental galego: un potencial inabarcable
|
|
|
|
Hoxe mergullámonos no renacemento do xénero documental, que grazas ao interese renovado do público, abunda nas plataformas de streaming e nos festivais de todo o pais.
|
|
|
|
Ler esta Newsletter só leva 6 minutos!⌛
|
|
|
A pesar da súa relevancia histórica e artística, o documental nas últimas décadas foi relegado a un segundo plano de interese a ollos do público xeral. A súa incapacidade para xerar ingresos nas salas levou a que o seu consumo se limitara principalmente aos circuito de festivais, e a conseguir algo de atención dos medios na tempada de premios.
Sen embargo, nos últimos anos, o auxe das plataformas de streaming supuxo un renacemento do xénero documental para as grandes masas. A aposta parecía evidente pois o documental permite producir películas e series de alta calidade con orzamentos máis axustados que os da ficción. Isto sumado á historias baseadas nos gustos dos usuarios, conseguiu que a prezada atención do público puxera os seus ollos neste xénero.
E, por suposto, esta onda de produción documental, tamén salpicou as terras galegas, dando saída a proxectos que antes non conseguían unha exhibición tan doada, o que nos proporciona o contexto perfecto para deter a nosa mirada neste xénero. Por iso, nesta nova edición de Feito na Casa, afondaremos no sector audiovisual galego da producion documental.
|
Un xénero con poder transformador
|
O documental galego destaca pola súa ampla variedade de temas e estilos, que abarcan desde o social ata o artístico. Este rico panorama cinematográfico reflicte a profundidade cultural de Galicia ofrecendo unha visión enriquecedora da sociedade e paisaxes.
Este xénero pode mergullarnos na vida e o pensamento dunha persoa, como no caso de Vivir dúas veces, dirixido por Jorge Coira, Pepe Coira e Gaspar Broullón, que penetra na figura de Xosé Manuel Beiras, político, economista, profesor universitario e destacado conversador galego.
|
|
|
Doutra banda, o documental tamén pode transportarnos a un mundo artístico, onírico que prefire suxerir a contar, deixando que as ideas crezan na mente do espectador. É o caso de "Costa da Morte" de Lois Patiño, que explora esta zona da costa galega, a relación dos seus habitantes coa paisaxe, as lendas e a súa propia historia.
Neste sentido, ampliando o universo narrativo da historia, atopamos "Xesonica", un proxecto transmedia producido por Undodez, que explora o son da natureza en Galicia desde un punto de vista artístico e inclúe unha curtametraxe documental.
Quizais o maior potencial do xénero documental resida no documental social, polo seu poder de influír na sociedade para cambiala. Neste sentido, imos falar de dous proxectos de recente creación. Por unha banda, "Nación", unha longametraxe dirixida por Margarita Ledo que profunda "no moito que tardamos as mulleres en ter dereitos, non só en votar senón en acceder ao traballo asalariado e á posibilidade de ser independentes".
Doutra banda, a curtametraxe "Mariví, na pel da memoria", dirixida por Coral Piñeiro, é o vivo exemplo do poder transformador que ten o audiovisual e o documental. Este proxecto está enmarcado nun proxecto máis amplo que é a creación da Asociación de Memoria e Cinema, que pretende "facer a nosa historia, memoria e patrimonios a través do audiovisual".
|
|
|
PlayDOC: epicentro galego do documental
|
Os festivais son unha das principais vías de difusión, promoción e apoio do audiovisual. En Galicia son numerosos os festivais nos que inclúen este xénero na súa programación e sección oficial pero se algún destaca é PlayDOC, un festival internacional adicado unicamente ao xénero documental que se celebra en Tui dende o ano 2005.
O PlayDOC e un festival especial, que trata de achegar o cine independente e de difícil acceso ao público xeral. E vaia se o consegue! Durante os cinco días que dura este evento, máis de 7 mil espectadores achéganse á sala convertendo a cidade de Tui no epicentro do cinema documental.
Dentro da selección atoparemos a competición obras de autores e todo o mundo, obras de cineastas galegos e restrospectivas a grandes directores como Luigi di GIanni ou Chantal Akerman, na pasada edición, cuxo filme Jeanne Dielman, 23, Quai du Commerce, 1080 Bruxelles, esta considerado o mellor da historia do cinema pola crítica.
A súa próxima edición celebrarase a comezos do mes de maio e promete traer moitas sorpresas. Se che gustaría asistir, pero non podes, non te preocupes, pois o festival ten edición dixital a través da plataforma Filmin, polo que non hai excusas para desfrutar da selección súa selección de documentais.
|
Nos últimos anos, o documental experimentou un renacer grazas ao interese renovado dos espectadores. Interese ao que os autores e autoras galegas respostaron con obras de gran variedade e calidade. O potencial do xénero é inabarcable e depende dos autores empurrar os seus límites para seguir evolucionando o xénero, e nos estaremos aquí para desfrutalo.
|
|
|
|