Instalacións

Para reservar os laboratorios da facultade (plató tv, plató de cine, posprodución, Radio, estudio de son, fotografía) para docencia e prácticas faino a través da web do Gabinete Audiovisual http://material.uvigo.es/ ou envía un correo ca solicitude a audiovisuaisuvigo@gmail.com

Instalacións

Para reservar espazos da facultade (Aulas, Seminarios, Salón de Graos…) envía un correo a Conserxería (consfcs@uvigo.es) co espazo a reservar, datas e horario ou chama ao 986 801 999.

Laboratorios
Aula audiovisual

Aula audiovisual

Espazo dedicado para a docencia relacionada especificamente con materias audiovisuais (fotografía, cinema, radio…).
Equipada con cadeiras pa movibles.

Dotada de equipamento para a reprodución de diverso material audiovisual como reprodutor de DVD, proxección diapositivas, reprodución de imaxes, etc.

Situada na terceira planta. 1 aula con 50 prazas.

Aula de cine

Na planta baixa contamos cun aula con capacidade para 116 alumnos e acondicionada con pantalla grande e proxector de alta definición para o visionado de películas e presentacións de traballos.

Aula de cine

Aula de producción

Situada na primeira planta.
Espazo de 40 prazas con mesas, lousa, proxector, ordenador.

Aula de informática

90 postos

Aulas (3) equipadas cada unha delas con 24-28 postos informáticos. Estas aulas dedícanse a cubrir as necesidades docentes (prácticas). Están equipadas con equipos informáticos en constante renovación de software e hardware (a aula 1 renovou as CPU entre 2012 e 2013, e a aula 3 entrou en funcionamento en 2010).

Dotadas con material lousas, canóns e pantallas de proxección audiovisual, torre informática composta por CPU, mesa de son e pantalla de computador. Situadas na segunda e terceira planta.

1 aula de informática de 15 prazas (1ª planta). Ademais está dotada dun equipo preparado para alumnado con discapacidades motrices e visuais.

Aula de informática

Salón de Graos

64 postos. Situado na terceira planta.

Sala dedicada á defensa de tese, traballos fin de grao, proxectos de investigación e a celebración de conferencias.

Equipado con material audiovisual, pantalla e proxector HDI así como un computador e tres pantallas.

Aula de cine
Delegación alumnos UVigo

Salón de actos

400 postos. Considerada a maior aula magna da Universidade galega

Situada na primeira planta do edificio, utilízase para a celebración do acto de gradación.

Dispón de sistema independente de son e con equipo de proxección cinematográfico.

Aínda que todo o Centro conta con conexión wifi para alumnado e profesorado, na planta baixa e na primeira atópase habilitada unha zona con mesas e cadeiras (e un gran número de enchufes) para que os alumnos poidan conectarse mediante os seus portátiles e, á vez, sirvan de espazo de traballo en grupo.