Máster en Dirección de Arte en Publicidade

O Máster en Dirección de Arte Publicitaria proporciona unha perspectiva profesional sobre deseño gráfico e creatividade dentro do proceso publicitario.

Descripción

O Máster en Dirección de Arte Publicitaria proporciona unha perspectiva profesional sobre deseño gráfico e creatividade dentro do proceso publicitario.

Trátase dun postgrao cun plan de estudos eminentemente práctico dirixido a proporcionarlle ao estudante a mellor formación para integrarse en departamentos de arte e ser parte activa do proceso creativo.

As prácticas en empresas obrigatorias e a posibilidade de realizar parte dos estudos no estranxeiro facilitarán que os estudantes adquiran unha perspectiva global e profesionalizante do mercado no que van desenvolver a súa actividade.

Campus
Pontevedra
Tipo
Posgrao
Número de cursos
1
Prazas
35
Código
P04M082V01
Modalidade
Presencial

Coñece as instalación da facultade

Na Facultade de Comunicación da UVigo tes todo o que necesitas para aprender facendo: aulas modernas, platós, laboratorios audiovisuais e espazos creativos que están pensados para que poidas explorar, practicar e sacar o máximo proveito á túa etapa universitaria. Aquí non só se estuda… tamén se crea.

Edificio Facultad Comunicación