Grao en Comunicación Audiovisual
Este grao forma profesionais na creación, produción e análise de contidos audiovisuais. Combina teoría e práctica en cinema, televisión, radio e novos medios, fomentando creatividade e competencias tecnolóxicas.
A consideración da comunicación, no seu sentido máis amplo, como factor económico clave na política de empresa, certifica o interese deste grao, no que se forman profesionais que, en consonancia coa crecente demanda laboral e a expansión do sector audiovisual no noso país e no resto da Unión Europea, poidan desenvolver optimamente as tarefas de guionista, director, realizador audiovisual, produtor, xestor, editor ou deseñador de posprodución en medios audiovisuais convencionais e multimedia, sen esquecer a faceta cultural e humanista que vai caracterizar o seu traballo, xunto á capacidade crítica, analítica e reflexiva en relación ao feito audiovisual.
- Guionista, director e produtor en cine e tv.
- Realizador audiovisual e multimedia.
- Posproductor de vídeo, son e efectos visuais.
- Director de fotografía en cine e tv.
- Creador de vídeoxogos, aplicacións e contidos transmedia.
- Creador de contidos en medios sociais.
- Deseñador e xestor web.
- Community Manager.
- Capacidade analítico-crítica de natureza pluridisciplinaria orientada á comunicación e ao seu entorno socioeconómico.
- Capacidade para levar a cabo labores profesionais de tipo práctico en producións de cine, radio, vídeo, televisión e multimedia.
- Capacidade creativa e dominio da linguaxe audiovisual.
- Predisposición á innovación nos diferentes soportes e producións.
- Facilidade para adaptarse á comunicación nos futuros ambientes multimedia.
Lingua: Lingua galega.
Lingua Española: expresión textual e visual.
Socioloxía da comunicación.
Dirección e xestión de empresas audiovisuais.
Marketing de produtos audiovisuais.
- Teoría e técnica da imaxe.
- Comunicación escrita.
- Teoría e historia da comunicación.
- Teoría e técnica cinematográfica.
- Xéneros cinematográficos.
- Narrativa audiovisual.
- Documentación audiovisual.
- Propaganda en Medios Audiovisuais.
- Cine de non ficción.
- Análise e crítica Audiovisual.
- Teoría e técnica da fotografía.
- Tecnoloxía dos medios audiovisuais.
- Posprodución I.
- Comunicación radiofónica.
- Expresión sonora.
- Posprodución de audio.
- Posprodución II: efectos visuais.
- Guión audiovisual.
- Realización audiovisual.
- Dirección de fotografía.
- Guión, produción e realización de ficción.
- Guión, produción e realización de informativos.
- Dirección artística.
- Dirección escénica.
- Guión, produción e realización de programas de entretemento.
- Deseño e desenvolvemento de produtos interactivos.
- Guión e deseño transmedia.
- Desenvolvemento de proxectos web.
- Creación audiovisual en novos medios.
- Entretemento interactivo: videoxogos.
- Deseño dixital: expresión gráfica e Motion Graphics.
- Aplicacións móbiles.
- Entornos virtuais en comunicación.
- Perfís profesionais en redes sociais.
- Produción e realización de contidos de marca.
- Estratexias publicitarias para produtos audiovisuais.
- Programación para produtos audiovisuais.
- Creatividade publicitaria audiovisual.
Coordinar a elaboración das guías Docentes das asignaturas adscritas a cada un dos módulos xerais (Entorno da comunicación, Historia e teoría da comunicación, Tecnoloxía e expresión audiovisual, guión, producción e realización audiovisual, Creación e deseño de contidos interactivos) coidando que os contidos, actividades, e evaluación de competencias se axusten ao establecido nesta memoria, evitando duplicidades, vacíos e/ou aplicación de criterios de evaluación diferentes a distintos grupos de alumnos dunha mesma asignatura.
Supervisar o cumplimento do acordado en cada unha das Guías Docentes.
Organizar e coordinar as actividades conxuntas que afecten a máis dunha asignatura do mesmo módulo.
Redactar un informe, o final de cada cuadrimestre, para dar conta ao Coordinador da Titulación da marcha e problemas detectados no desenvolvemento docente.
Elaborar normas propias de procedemento de prácticas externas que desenvolven a normatica vixente, en materia de requisitos, procedementos de selección da selección de estudantes, mecanismos de seguemento e evaluación das prácticas
Contactar e informar ás empresas do audiovisual das vantaxes e posibilidades dos programas de prácticas dos estudantes e propoñerlles a realización de convenios con esta finalidade, sempre en coordinación coa Fundación Universidade de Vigo.
Nombrar, para cada alumno en prácticas, a dous titores, un correspondente a un profesor do Centro e outro da empresa ou institución que se realizara.
Informar, asesorar e apoiar aos estudantes en todos os aspectos relacionados cas Prácticas
Recoller información, mediante enquisas, do grado de satisfacción, dirixidas tanto ao alumnado como ás empresas ou institucións que os acolleron.
Evaluar as Prácticas realizadas polo estudante, tendo en conta: Informe do Profesor Tutor da Facultade, Informe do Tutor da Empresa ou Institución e Informe ou traballo elaborado polo alumno.
Redactar un informe anual para dar conta ao Coordinador da Titulación do desenvolvemento e conclusión do programa de Prácticas.
Propor ao profesional ou profesor encargado de impartir o Taller
Elaborar unha ficha cos obxectivos, contidos, calendarios, número máximo de alumnos (nunca inferior a 20) e evaluación do Taller e dalo a coñecer aos alumnos e profesores.
Levar a cabo as labores de coordinación e protocolo necesarias para a estancia do invitado.
Facer as labores de Titor dos alumnos que realicen o Taller
Coordinar os espazos e material necesario para a posta en práctica do Taller
Planificar, no seu caso, actividades paralelas do profesor invitado dirixidos a outros alumnos da Facultade, á comunidade educativa ou ao público en xeral.
Evaluar aos alumnos participantes no Taller, tendo en conto o Informe do Profesional invitado, a asistencia e o traballo realizado por cada alumno inscrito.
Recoller a información, mediante enquisas, do grado de satisfación do alumnado,
Redactar un informe, ao final da actividade, para dar conta ao Coordinador da Titulación do desenvolvemento e conclusións da actividade e unha valoración da utilidade da mesma.
Coordinar a actividade docente de cada curso, coidando de que as actividades previstas aseguren unha dedicación continuada dun alumno medio ao largo do cuadrimestre que se axuste o máis posible ás 35 horas semanales.
Supervisar, xunto aos coordinadores do módulo, a elaboración de todas as Guías Docentes e o efectivo cumplimento das mesmas.
Publicar as Guías Docentes, convenientemente actualizadas, en tempo e forma
Detectar necesidades e disfuncións docentes en relación co POD
Organizar e coordinar actividades conxuntas que afecten a diferentes módulos
Propor e coordinar as actividades complementarias da Titulación (conferencias, charlas, proxeccións, información, páxina web, etc) evitando duplicidades y coincidencias
Convocar reuniones cos coordinadores de cada módulo e co profesorado para analizar a marcha da docencia en Titulación. En particular, convocará o final de cada cuatrimestre unha reunión ordinaria con todos os profesores co fin de debatir os problemas e dificultades do cuatrimestre recen rematado e consensuar propostas de mellora.
Redactar un informe, ao final de cada cuatrimestre, para dar conta ao Decanato da Facultade e á Comisión de Garantía de Calidade da Titulación dos problemas detectados no desenvolvemento docente e as súas posibles solución.
Coñece as instalación da facultade
Na Facultade de Comunicación da UVigo tes todo o que necesitas para aprender facendo: aulas modernas, platós, laboratorios audiovisuais e espazos creativos que están pensados para que poidas explorar, practicar e sacar o máximo proveito á túa etapa universitaria. Aquí non só se estuda… tamén se crea.