Dobre Grao en Publicidade e RR.PP. e Comunicación Audiovisual

O Dobre Grao en Publicidade e Relación Públicas e Comunicación Audiovisual é un título oficial da Universidade de Vigo que ten como obxectivo a formación de profesionais altamente cualificados nos ámbitos da comunicación, o entretemento, a publicidade e a creación de contidos audiovisuais.

Laboratorios
Descripción

A proposta deste programa de simultaneidade xorde no marco da recente modificación do título de Grao en Publicidade e Relacións Públicas, que resposta á necesidade de actualizar os contidos académicos e aliñalos coa realidade socioeconómica actual. Esta revisión curricular permite introducir unha proposta máis flexible e adaptada aos cambios do sector, garantindo unha formación de maior calidade e adecuación as demandas profesionais.

Durante o proceso de revisión da memoria do Grao en Publicidade e Relacións Públicas, identificouse un crecente interese, tanto por parte do sector audiovisual e publicitario como do propio estudantado, na creación de perfís híbridos que combinen as competencias en creación de contidos audiovisuais e que entendan a realidade do mercado publicitario e da comunicación política e institucional. A sinerxía entre ambos títulos non só responde a unha demanda específica do tecido profesional, senón que tamén supón unha vantaxe competitiva para o alumnado, que accederá a un mercado laboral cada vez máis esixente cunha formación diferenciadora.

Campus
Pontevedra
Tipo
Grao
Número de cursos
5
Prazas
10
Crédito ETCS totais
360
Código
11597
Modalidade
Presencial
Contacto
sdfasoc@uvigo.es
Saídas profesionais
  • Dirección e produción de contidos publicitarios audiovisuais
  • Estratexia e xestión de comunicación en axencias de publicidade e márketing
  • Creación e xestión de contidos para redes sociais, plataformas dixitais e medios de comunicación
  • Consultaría en comunicación corporativa e institucional
  • Desenvolvemento de proxectos de branding e identidade visual
  • Dirección de comunicación en empresas e organizacións
  • Produción audiovisual para publicidade, televisión e plataformas dixitais
Obxetivos da titulación
  • Dotar ao alumnado dunha formación interdisciplinar que combine competencias na produción audiovisual coa planificación estratéxica en publicidade e comunicación e xestión de relacións públicas.
  • Fomentar a adquisición de habilidades na creación de contidos audiovisuais para campañas publicitarias e institucionais, tendo en conta as tendencias do mercado e as novidades en formatos, narrativas e contidos.
  • Capacitar ao estudantado no uso de ferramentas tecnolóxicas combinando a creatividade audiovisual coa estratexia comunicativa.
  • Formar profesionais polivalentes e competitivos para respostar ás necesidades de empresas, institucións, entidades e medios de comunicación, tanto en contornas dixitais e tradicionais.
  • Desenvolver competencias para a análise e xestión da comunicación corporativa, institucional e política, empregando ferramentas audiovisuais para potenciar a difusión das mensaxes.
  • Atender ás necesidades específicas do mercado da comunicación cunha perspectiva que vincule a creación de contidos e a estratexia.
  • Ter competencias para desenvolver proxectos audiovisuais de diferentes naturezas comunicativas.
  • Coñecer o ecosistema de comunicación do eido publicitario, o sistema audiovisual e as súas interxeccións.

Materias Profesorado
Comunicación: Documentación audiovisual
Comunicación: Tecnoloxía dos medios audiovisuais
Comunicación: Teoría e historia da comunicación
Comunicación: Teoría e técnica da imaxe
Creación de contidos I. Redacción
Deseño gráfico I
Estatística aplicada á comunicación
Fundamentos da publicidade
Fundamentos das Relacións Públicas
Lingua española: Expresión textual e visual
Lingua: Lingua galega
Socioloxía: Socioloxía da comunicación

Materias Profesorado
Creatividade I
Economía aplicada á publicidade e ás RRPP.
Empresa. Dirección e xestión de empresas audiovisuais
Guión audiovisual
Narrativa audiovisual
Planificación e técnicas das Relacións Públicas I
Posprodución I
Teoría e historia da propaganda
Teoría e técnica cinematográfica
Teoría e técnica da fotografía
Teoría e técnica da montaxe
Xéneros cinematográficos

Materias Profesorado
Creación e xestión da marca
Creatividade II
Dirección de fotografía
Expresión sonora
Guión, produción e realización de ficción
Márketing estratéxico
Márketing operativo
Perfiles profesionais en redes sociais
Planificación e técnicas das Relacións Públicas II
Planificación extratéxica I. Estratexía de comunicación
Realización audiovisual

Materias Profesorado
Comunicación política
Contornas virtuais de comunicación
Creación de contidos IV. Dixital
Deseño gráfico II
Dirección artística
Estrutura publicitaria e xestión de contas
Guión e deseño transmedia
Guión, produción e realización de informativos
Marco normativo da publicidade e as Relacións Públicas
Planificación estratéxica II. Planificación de medios
Planificación estratéxica III. Medición e avaliación

Materias Profesorado
Cine de non ficción
Creación audiovisual en novos medios
Creación de contidos III. Comunicación sonora
Desenvolvemento de proxectos web e multimedia
Fotografía publicitaria e de produto
Prácticas en empresa
Proxectos e portfolio
Tendencias narrativas en medios de comunicación
Traballo de Fin de Grao - Publicidade
Traballo de Fin de Grao – Comunicación audiovisual
Módulos
Calendario académico Calendario académico
Responsable de la titulación
Profesora Axudante Doutora Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)

Coñece as instalacións da Facultade

Na Facultade de Comunicación da UVigo tes todo o que necesitas para aprender facendo: aulas modernas, platós, laboratorios audiovisuais e espazos creativos que están pensados para que poidas explorar, practicar e sacar o máximo proveito á túa etapa universitaria. Aquí non só se estuda… tamén se crea.

Edificio Facultad Comunicación