NULL
Imagen alternativa profesorado

Ana Fernández Soneira

Profesora Contratada Doutora Departamento Lingua Española (H10)

Son profesora contratada doutora do Departamento de Lingua Española da Universidade de Vigo. Doutoreime en Filología Hispánica cun trabajo sobre a expresión da cuantificación na lingua de signos española (LSE). Os meus traballos de investigación están vencellados ao eido da lingua de signos española e da lingua española como lingua estranxeira (L2). Pertenzo ao Grupo de Investigación de Lengua Española y Lenguas Signadas da Universidade de Vigo, GRILES (http://griles.webs.uvigo.es/), e
teño participado como investigadora en diversos proxectos asociados a este grupo de investigación.

Os meus traballos céntranse na investigación de cuestións lingüísticas vinculadas coa descripción gramatical da LSE e a elaboración de materiais didácticos de LSE como L1 e L2. Entre os meus traballos gustaríame destacar a monografía La cantidad a manos llenas. La cuantificación en la lengua de signos española (Madrid, Fundación CNSE) e algúns trabajos de análise lingüística da LSE, como “The Expression of Time in LSE”, en Sign Language & Linguistics 7:1 (2004), “La utilización del espacio en contextos icónicos: el caso de los numerales en la lengua de signos española”, en Estudios de Lingüística, nº 23 (2009) ou “La cuantificación indefinida en la lengua de signos española (LSE): la expresión del cuantificador TODO”, no Anuari de Filologia. Estudis de Lingüística (2012).

O traballo de elaboración de materiais para a ensinanza da LSE como L1 e L2, reflíctese en traballos coma omanual Defiéndete en lengua de signos española (2008), ou  a colaboración no libro Buscando respuestas en lengua de signos: la LSE como base de enseñanza (Axac, 2015).

Como docente, imparto clases de Lingua Española nos estudios de grao das Facultades de Ciencias Sociais e da Comunicación e de Ciencias da Educación e do Deporte, e clase de Gramática y léxico de la lengua de signos española y de Usos profesionales de la lengua de signos española no mestrado interuniversitario en Lingüística Aplicada (http://www.udc.es/filo/MILA.html).

Materias que imparte

Materias no Grao en Publicidade e Relacións Públicas
  • Lenguaje publicitario
Materias no Grao en Comunicación audiovisual
  • Lingua Española: Expresión textual e visual