Grao en Publicidade e Relacións Públicas

Esta titulación pretende que os seus titulados e tituladas adquiran un coñecemento exhaustivo do fenómeno da comunicación, especialmente a publicitaria e das relacións públicas, a súa función na sociedade e as súas técnicas e metodoloxías de investigación. Proporcionará coñecementos sobre o deseño e creación de políticas e estratexias *comunicativas para todo tipo de organizacións (empresas privadas, organismos públicos e entidades do terceiro sector).

Grado en Publicidade
Descripción

O plan de estudos do Grao en Publicidade e Relacións Públicas responde a tres perfís profesionais específicos: xestores e creativos publicitarios, directores de comunicación e relacións públicas.

Deseño de campañas de publicidade, creación de contidos audiovisuais e gráficos para medios e redes sociais, planificación estratéxica en medios, organización de eventos, xestión da comunicación de empresas e institucións, gabinetes de prensa, xestión de redes, creación de marca.

Campus
Pontevedra
Tipo
Grao
Número de cursos
4
Prazas
100
Crédito ETCS totais
240
Código
P04G190V01
Modalidade
Presencial
Prezo por crédito do grao
9,85€ en 1a matrícula
Saídas profesionais
  • Axencias de publicidade e de comunicación.
  • Axencias de comunicación dixital.
  • Gabinetes de relacións públicas.
  • Axencias de medios.
  • Departamentos de marketing e publicidade.
  • Consultoras de comunicación e publicidade.
  • Xestión da comunicación en institucións públicas e empresas.
  • Gabinetes de imaxe e comunicación corporativa.
  • Analista de mercados.
  • Creador de contidos fotográficos e audiovisuais.
  • Empresa de organización de eventos.
Obxetivos da titulación
  • Adquirir un coñecemento exhaustivo dos fundamentos teóricos e prácticos que conforman o fenómeno da comunicación, especialmente a publicitaria e a das relacións públicas, a súa función na sociedade e as súas técnicas e metodoloxías de investigación.
  • Adquirir coñecementos sobre o deseño e creación de políticas e estratexias comunicativas.
  • Desenvolver a capacidade para adoptar estratexias de comunicación coherentes.
  • Desenvolver a capacidade crítica, analítica e interpretativa.
Módulos

Coordinador do módulo: Daniel Martí Pellón

Coordinadora do módulo: Ana Dopico Parada

Coordinadora do módulo: Julinda Molares Cardoso

Coordinador do módulo: Xesús Pérez Seoane

Coordinador do módulo: Xosé Manuel Baamonde Silva

Prema nas imaxes para amplialas
1º PRP - 1 semestre
1º PRP - 2 semestre
Prema nas imaxes para amplialas
2º PRP - 1 semestre
2º PRP - 2 semestre
Prema nas imaxes para amplialas
3º PRP - 1 semestre
3º PRP - 2 semestre
Prema nas imaxes para amplialas
4º PRP - 1 semestre
4º PRP - 2 semestre
TGF: traballo final de grao Calendario do TFG
TMF: traballo final de master Calendario do TFM
Calendario académico Curso 2026-2027
Calendario de exames Curso 2026-2027
Coordinadora do Grao
Profesora Contratada Doutora Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)
Coordinadores de módulos
Profesor Titular Dept X10 psicoloxía evolutiva e comunicación
Formación básica e transversal
Contratada doutora do Departamento de organización de empresas e Marketing
Xestión e planificación publicitaria
Profesora Contratada Doutora Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)
Creatividade e deseño publicitario
PDI contratado doctor
Creación de contidos
Profesor Contratado Doutor Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)
Relacións públicas e comunicación institucional
Coordinadores de TFG e prácticas
Profesora Contratada Doctora
Coordinadora TFG
Coordinadora de prácticas
Titores das PAT
Profesor Contratado Doutor Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)
1º curso
Profesor Titular Dept X10 psicoloxía evolutiva e comunicación
2º curso
Profesora Contratada Doutora Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)
3º curso
Profesor Asociado Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)
4º curso
Funcións

Coordinar a elaboración das guías Docentes das asignaturas adscritas a cada un dos módulos xerais (Fundamentos e contextos da comunicación, Comunicación publicitaria, Relaciones públicas,comunicación corporativa e institucional) coidando que os contidos, actividades, e evaluación de competencias se axusten ao establecido nesta memoria, evitando duplicidades, vacíos e/ou aplicación de criterios de evaluación diferentes a distintos grupos de alumnos dunha mesma asignatura.

Supervisar o cumplimento do acordado en cada unha das Guías Docentes.

Organizar e coordinar as actividades conxuntas que afecten a máis dunha asignatura do mesmo módulo.

Redactar un informe, o final de cada cuadrimestre, para dar conta ao Coordinador da Titulación da marcha e problemas detectados no desenvolvemento docente.

Elaborar normas propias de procedemento de prácticas externas que desenvolven a normatica vixente, en materia de requisitos, procedementos de selección da selección de estudantes, mecanismos de seguemento e evaluación das prácticas

Contactar e informar ás empresas do audiovisual das vantaxes e posibilidades dos programas de prácticas dos estudantes e propoñerlles a realización de convenios con esta finalidade, sempre en coordinación coa Fundación Universidade de Vigo.

Nombrar, para cada alumno en prácticas, a dous titores, un correspondente a un profesor do Centro e outro da empresa ou institución que se realizara.

Informar, asesorar e apoiar aos estudantes en todos os aspectos relacionados cas Prácticas

Recoller información, mediante enquisas, do grado de satisfacción, dirixidas tanto ao alumnado como ás empresas ou institucións que os acolleron.

Evaluar as Prácticas realizadas polo estudante, tendo en conta: Informe do Profesor Tutor da Facultade, Informe do Tutor da Empresa ou Institución e Informe ou traballo elaborado polo alumno.

Redactar un informe anual para dar conta ao Coordinador da Titulación do desenvolvemento e conclusión do programa de Prácticas.

3- Coordinador do Taller de Prácticas Profesionais. As súas funcións serán:

Propor ao profesional ou profesor encargado de impartir o Taller

Elaborar unha ficha cos obxectivos, contidos, calendarios, número máximo de alumnos (nunca inferior a 20) e evaluación do Taller e dalo a coñecer aos alumnos e profesores.

Levar a cabo as labores de coordinación e protocolo necesarias para a estancia do invitado.

Facer as labores de Titor dos alumnos que realicen o Taller

Coordinar os espazos e material necesario para a posta en práctica do Taller

Planificar, no seu caso, actividades paralelas do profesor invitado dirixidos a outros alumnos da Facultade, á comunidade educativa ou ao público en xeral.

Evaluar aos alumnos participantes no Taller, tendo en conto o Informe do Profesional invitado, a asistencia e o traballo realizado por cada alumno inscrito.

Recoller a información, mediante enquisas, do grado de satisfación do alumnado.

Redactar un informe, ao final da actividade, para dar conta ao Coordinador da Titulación do desenvolvemento e conclusións da actividade e unha valoración da utilidade da mesma.

4 – Coordinador de Titulación – Será o encargado de:

Coordinar a actividade docente de cada curso, coidando de que as actividades previstas aseguren unha dedicación continuada dun alumno medio ao largo do cuadrimestre que se axuste o máis posible ás 35 horas semanales.

Supervisar, xunto aos coordinadores do módulo, a elaboración de todas as Guías Docentes e o efectivo cumplimento das mesmas.

Publicar as Guías Docentes, convenientemente actualizadas, en tempo e forma

Detectar necesidades e disfuncións docentes en relación co POD

Organizar e coordinar actividades conxuntas que afecten a diferentes módulos

Propor e coordinar as actividades complementarias da Titulación (conferencias, charlas, proxeccións, información, páxina web, etc) evitando duplicidades y coincidencias

Convocar reuniones cos coordinadores de cada módulo e co profesorado para analizar a marcha da docencia en Titulación. En particular, convocará o final de cada cuatrimestre unha reunión ordinaria con todos os profesores co fin de debatir os problemas e dificultades do cuatrimestre recen rematado e consensuar propostas de mellora.

Redactar un informe, ao final de cada cuatrimestre, para dar conta ao Decanato da Facultade e á Comisión de Garantía de Calidade da Titulación dos problemas detectados no desenvolvemento docente e as súas posibles solución.

Coñece as instalacións da Facultade

Na Facultade de Comunicación da UVigo tes todo o que necesitas para aprender facendo: aulas modernas, platós, laboratorios audiovisuais e espazos creativos que están pensados para que poidas explorar, practicar e sacar o máximo proveito á túa etapa universitaria. Aquí non só se estuda… tamén se crea.

Edificio Facultad Comunicación