Vicente Badenes Pla
Doutor en Comunicación (Universidade de Vigo, 2015). Licenciado en Publicidade e RRHH (Universidade Complutense, 1997). Graduado en Socioloxía (UNED/UNED, 2001). Docente universitario desde o curso 2011/12 en Graos e Másteres. Actualmente Profesor Asociado na Universidade de Vigo ( FCSC). Os seus intereses de investigación céntranse nos medios de comunicación, a planificación de medios publicitarios e a integración de tecnoloxía, creatividade e estratexia con fins publicitarios. É autor e coautor de diferentes publicacións (artigos, capítulos de libro). Ten titorizado Traballos de Fin de Grao e de Fin de Máster.
Participou no deseño, desenvolvemento e implantación en España e Latam dunha ferramenta de medición do retorno de patrocinios en Grupo Telefónica. Con máis de 20 anos de experiencia laboral, desempeñando diferentes cargos técnicos e directivos en empresas tales como: Telefónica, Havas Media, Grupo Omnicom ou Ingenio Media. Actualmente é fundador e CEO da consultora de márketing VBPthinking.
Materias que imparte
- Planificación e xestión de medios publicitarios
- Dirección e xestión publicitaria
- Proxectos: creación e presentación
- Tendencias do sector
- Dixital Media Planning