Biblioteca central do Campus de Pontevedra
A Biblioteca da Universidade de Vigo xestiona e pon a disposición da comunidade universitaria un conxunto de servizos e de recursos de información como apoio ao aprendizaxe, a docencia e a investigación.
A Biblioteca está fisicamente presente nos 3 campus (Ourense, Pontevedra e Vigo) a través dunha rede de 11 bibliotecas, e virtualmente no espacio web da biblioteca
A Biblioteca Central do Campus de Pontevedra é o punto de servizo para as titulacións do Campus (excepto Belas Artes que conta cunha biblioteca propia especializada en arte).
Localización
1º andar da Facultade.
Horario
Luns a vernes: 8:30h a 21:00h
Extraordinario (noites e fin de semana) durante as épocas de exames, e reducido en vacacións.

Directorio
Mostrador de Préstamo e información
986802002
Servizo de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Xefe de Área Campus
Héctor Castro Rey
986802001
Servizo de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Sandra Soto Meijomence
986802001
Servizos ofrecidos
- Sala de lectura: 348 postos, 2 cabinas audiovisuais, 6 ordenadores de información, red wifi.
- Coleccións: A biblioteca reúne a Bibliografía recomendada en cada materia das titulacións do campus: Libros, revistas, prensa, máis tamén audiovisuais (cine), bases de datos, libros-e.
- Préstamo: Podes levarche a maior parte dos documentos da Biblioteca, e solicitar os documentos que están noutros campus.
- Información bibliográfica especializada e persoalizada: O persoal da Biblioteca axúdate nas buscas e na localización de información.
