NULL

Juan Manuel Corbacho Valencia

Profesor/a titular de universidade

Profesor titular de universidade. Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas, así como en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo (2002, 2007). Defendeu a súa tese doutoral no programa de doutoramento en Comunicación, Publicidade e Relacións Públicas na mesma institución sobre estratexias de comunicación publicitaria en revistas de moda femininas españolas e alemás. De aí deriva unha das súas liñas de investigación que tamén está ligada á docencia da materia “Publicidade internacional”. Autor de numerosas publicacións no ámbito das relacións públicas e do protocolo, disciplinas que completan a súa actividade docente na Facultade de Ciencias sociais e da Comunicación da que foi vicedecano e decano entre 2006 e 2014.

Dende 2014 a 2018 ocupou o cargo de vicerreitor do campus de Pontevedra e actualmente coordina as prácticas do master en comunicación en medios sociais creación de contidos dixitais.

Materias que imparte

Materias grao Publicidade
  • Publicidade internacional
  • Relacións públicas e protocolo
Materias master comunicación
  • Comunicación de crise e reputación dixital
Materias Máster Dirección de Arte en Publicidade
  • Tendencias do sector