NULL
Imagen alternativa profesorado

Anna María Amorós Pons

Profesora Titular Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)

Licenciada e Doutora en Ciencias da Comunicación pola Universitat Autònoma de Barcelona (1987 e 1994, respectivamente). Bolseira FPI (UAB, 1990-93). Profesora na UAB, EINA, USC, UVIGO, desde 1990. Profesora Titular de Universidade en Comunicación Audiovisual e Publicidade (UVIGO, 1998). Catro Sexenios (CNEAI). IP do Grupo CS2. A súa investigación céntranse no ámbito do cinema (narrativa, produción, realización, animación, cine e publicidade, cine publicitario, cine experimental, cine e música, cine de autor/a), con estadías de investigación en diversas Universidades internacionais. Autora de máis de 140 publicacións.

Dirixiu diversas Teses de Doutoramento. Guionista e Directora de Documentais. Membro da Comisión Asesora e Avaliadora das Subvencións ao Audiovisual (Xunta de Galicia) e da Comisión que elaborou o Libro Branco do Sector Audiovisual Galego.

Entre as mencións concedidas destacan “Xornalista de Honra 2010” (outorga a Asociación da Prensa de Vigo, membro da FAPE) e o Premio “Bones práctiques de comunicació no sexista 2012 de Investigación” ao Feminari UAB (Associació de Dones Periodistes de Catalunya). Membro de Paneis de Avaliadores de distintas Axencias de Acreditación.

Materias que imparte

Materias no Grao en Publicidade e Relacións Públicas
  • Cine e publicidade
Materias no Grao en Comunicación audiovisual
  • Teoría e técnica cinematográfica
  • Xéneros cinematográficos