NULL
Imagen alternativa profesorado

Diana Ramahí García

Profesora Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)

Profesora Titular do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo.

É Doutora en Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo; Licenciada en Comunicación Audiovisual polas Universidades de Santiago de Compostela e de Vigo; en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo; e en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela; e conta con dous premios extraordinarios de fin de estudos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Parte importante da súa traxectoria foi financiada por institucións públicas no marco de convocatorias en réxime de concorrencia competitiva. Foi bolseira de investigación do Ministerio de Educación e Ciencia e do Ministerio de Ciencia e Innovación do Goberno de España, e da Xunta de Galicia; participou en diversos proxectos de investigación de financiación autonómica, estatal, e do Plan Nacional de I+D+i; e conta tanto con estadías de investigación en centros de prestixio no seu ámbito como a Cinémathèque Française ou o British Film Institute, como con docencia regrada en universidades estranxeiras, financiadas no marco de programas de mobilidade.

Forma parte do Grupo de Investigación en Comunicación para o Servizo Público da Universidade de Vigo e do Grupo de Innovación Docente Medios Dixitais e Aprendizaxe Participativa da mesma universidade.

As súas áreas prioritarias de investigación e docencia son a análise e a crítica audiovisual.

Materias que imparte

Materias no Grao en Comunicación audiovisual
  • Análise e crítica audiovisual
  • Cine de non ficción
  • Narrativa audiovisual
Máster en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais
  • Desenvolvemento de narrativas audiovisuais en contextos dixitais