NULL

Oswaldo García Crespo

Profesor Contratado Doutor Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)

Doutor en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), realicei estadías de investigación na Universidade Lusofona de Lisboa (Portugal), Universidade Federal de Santa Catarina (Brasil) e Universidade de Costa Rica. Participei en proxectos de innovación educativa a nivel internacional como o proxecto CIAKL (EAC/19/2011) e formei parte de proxectos de investigación competitivos a nivel nacional INCITE (10SEC362025PR).

As miñas liñas de investigación están asociadas a aplicación de estratexias narrativas audiovisuais no contexto dos novos medios.

Son realizador audiovisual con máis de dez anos de experiencia no sector, traballando para empresas públicas e privadas. Como realizador independente participei na realización de videoclips, a asistencia técnica a videoinstalacións e a construción de espazos visuais e sonoros para artistas plásticos e espectáculos.

Materias que imparte

Materias no Grao en Comunicación audiovisual
  • Creación audiovisual en novos medios
  • Teoría e técnica da montaxe
Materias no Máster Universitario en Dirección de Arte en Publicidade
  • Deseño e produción para novas tendencias en comunicación
Máster en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais
  • Creación e distribución de contidos audiovisuais en redes