Feito na casa newsletter

A Newsletter da Facultade de Comunicación de Pontevedra sobre contidos audiovisuais e publicitarios feitos en Galicia e en galego! 👩‍💻

Meme márketing: novas formas de facer publicidade en internet

Os creativos e creativas galegos saben que nas redes sociais nada mellor cun bo meme ou un copy divertido para xerar engagement a través do humor e da autenticidade. Hoxe repasamos algúns exemplos desta nova tendencia «marketera».

Ler esta Newsletter só leva 4 minutos e medio!⌛


Que é o «meme márketing»?

A día de hoxe todo bo creativo millenial ou xeración Z coñece o termo “Meme Marketing”, pero para aqueles que non estean familiarizados cunha das prácticas máis de moda da publicidade en redes sociais imos responder á pregunta: que é o “meme márketing”?

Pois ben, o meme márketing é unha estratexia publicitaria que fai uso de memes virais para promocionar unha marca ou un produto. Aproveita o humor e a cultura de Internet para conectar de maneira orgánica coa audiencia, xerando engagement e visibilidade en plataformas dixitais.

Os motivos polos que funciona tan ben son diversos. Principalmente débese a que os memes soen reflectir situacións da vida cotiá, problemas comúns ou experiencias compartidas empregando o humor, o cal é unha excelente ferramenta emocional. Os memes xeran unha identificación inmediata, mentres que o seu formato visual e a súa habilidade para adaptarse ás tendencias actuais facilitan a viralidade, é dicir, son sinxelos de compartir. Invitan á participación colectiva, xerando un engagement significativo, ao integrarse de maneira eficaz na cultura de Internet e ofrecer unha alternativa máis lixeira á publicidade tradicional.

🤡 Cada vez máis memes nas axencias e marcas galegas!

Cada vez son máis as axencias que entenden e aproveitan esta nova forma de facer contido publicitario en Internet, algunhas incluso ofrecendo o “Meme Márketing” como un servizo máis. En Galicia, unha das axencias que máis emprega este tipo de forma de facer publicidade en Internet é a Axencia Trend, sobre todo nas súas propias redes sociais pero tamén ofrecendo ese servizo aos seus clientes.

Memes axencias galegas

O meme márketing permite que as marcas e os seus produtos sexan percibidos como actuais e xuvenís. Os memes poden adaptarse facilmente a eventos e tendencias do momento, polo que crear contidos baseados neles da a sensación de axilidade e relevancia. Marcas galegas como Galuresa ou Rei Zentolo tamén apostan polos memes  nas súas publicacións.

Memes axencias galegas

Ata o equipo que leva as contas do club Celta de Vigo empregou unha estratexia de comunicación baseada no meme en máis dunha ocasión!

💧 A batalla das augas: o poder dun copywriting rompedor

Ademais de memes, tamén cómpre destacar que dende hai uns anos xa son moitas as marcas que empregan un estilo diferente e rompedor á hora de facer copywriting. Un gran exemplo é a viral campaña de Fontecelta, á que despois sumaríase Cabreiroá e finalmente, un pouco de rebote, aceites Abril.

Iso si, só Cabreiroá e aceites Abril apostaron pola comunicación en galego nesta batalla, cuestión que moitos tildaron de moi acertada, xa que como sabemos: ¡pódense facer contidos en galego en Galicia!

Esta campaña tan orixinal é un exemplo de confluencia entre a publicidade máis tradicional e a máis actual. Neste caso, aínda que empregouse publicidade exterior (un valado publicitario de toda a vida), a intención era a viralización dixital, algo que logrouse unicamente co uso dun copywriting rompedor.

A batalla das augas

Novas oportunidades para os creativos galegos

 Definitivamente estamos nun momento no que case todo vale na publicidade en Internet! Hai moitísimos recursos a disposición dos creativos e creativas galegos para poder chegar de forma orgánica ás comunidades e clientela.

Sen embargo, aínda que son moitas as marcas a nivel nacional e autonómico que apostan por unha estratexia en redes de comunicación informal apoiada polo meme márketing e o copywriting innovador e próximo, é importante facer un estudio de mercado para asegurarnos de que se trata dunha boa decisión acorde cos valores da marca e coas preferencias do público obxectivo. En algúns casos, os resultados obtidos son contrarios aos que se buscan, xa que a viralidade non sempre é sinónimo de éxito.