Instalacións
Para reservar os laboratorios da facultade (plató tv, plató de cine, posprodución, Radio, estudio de son, fotografía) para docencia e prácticas faino a través da web do Gabinete Audiovisual https://material.uvigo.es/ ou envía un correo ca solicitude a audiovisuaisuvigo@gmail.com

Laboratorio de Son
Estudio de son dotado con zona de aula de 20 postos, mesa robotizada, software ProTools, cabina de gravación de audio para dobraxe, gravación de música (conta con amplificadores e batería) e microfonía específica.
Laboratorio de Radio 1
Dispón de 7 cabinas de edición de audio con ProTools e Audicity.
Laboratorio de Radio 2
Conta con zona de aula de 25 postos, mesa de control de son específico de radio e cabina para gravación e realización de entrevistas con 5 postos.
Plató de TV
Espazo de gravación de programas de televisión de 100m2 con iluminación de estudio mediante pantógrafos, control de realización de 3 cámaras, misturador de imaxe e control e gravación de vídeo.
Plató de Cine
Espazo diáfano de 100m2 con 2 cicloramas para a realización de secuencias cinematográficas. Dispón de pantalla de gran formato e cañón HD para ser empregados como sala de cine con 70 postos.
Plató Virtual
A facultade conta co programa Simulacro unha aplicación que simula procesos de creación audiovisual nunha contorna virtual e interactiva para desenvolver técnicas de realización audiovisual.
Laboratorio de Fotografía
Dotado de iluminación de estudio mediante pantógrafos e diversos fondos fotográficos. Dispón de zona de aula con 25 postos.
Laboratorio de Creación de Contidos 1
Aula equipada con 25 equipos de traballo dotados cos programas de Creative Cloud de Adobe.
Laboratorio de Creación de Contidos 2
Conta con 15 equipos de posproducción iMac con software DaVinci Resolve e Final Cut e
un set de croma de 20m2
Cabina de Corrección de Color
Dispón de software DaVinci Resolve Estudio e monitor calibrado.
Gabinete Audiovisual
A Facultade dispón de diverso material audiovisual para préstamo. Inclúe cámaras de vídeo Panasonic, cámaras DSLR Nikon e Canon, cámaras Mirrorless Sony Alpha e Black Magic Pocket Camera.
Material de iluminación portátil. Material de gravación de audio mediante diversos tipos de microfonía e gravadoras portátiles. Soporte de cámara como SteadyCam, FlyCam, Rig, Travelling, Slider, etc.
Instalacións
Para reservar espazos da facultade (Aulas, Seminarios, Auditorio…) envía un correo a Conserxería (consfcs@uvigo.es) co espazo a reservar, datas e horario ou chama ao 986 801 999.

Aulas e Seminarios
1.002 postos. Aulas (8) para o desenvolvemento de clases de carácter fundamentalmente teórico. Equipadas con asento de banco corrido. Dotadas con material, lousas, canóns e pantallas de proxección audiovisual, torre informática composta por CPU, mesa de son e pantalla de computador. Situadas na planta baixa. 8 aulas cunha capacidade de entre 100 e 150 prazas.
Materias vinculadas. Todas as materias son susceptibles de ser impartidas neste tipo de aulas xa que todas inclúen horas de docencia teórica, a maior parte delas trasládanse a outros espazos para o seu desenvolvemento práctico.
Seminarios para Docencia de Pequenos Grupos e Traballo en Grupo (11)
200 postos. Espazos dedicados á realización de traballos en grupo e á impartición de clases teóricas e prácticas cunha presenza menor de alumnos. Equipadas con cadeiras de pa movibles. Dotadas con lousa e nalgúns casos con televisores e reprodutores audiovisuais. Situadas nas plantas segunda e terceira. 6 seminarios de entre 20-50 prazas.
Seminarios para Traballo en Grupo
80 postos. Espazos dedicados á realización de traballos en grupo e á impartición de clases teóricas e prácticas cunha presenza menor de alumnos. Equipadas con mesas de traballo de gran tamaño. Dotadas con material lousas, canóns e pantallas de proxección audiovisual, torre informática composta por CPU, mesa de son e pantalla de computador. Situadas na planta segunda. 2 seminarios de entre 30-40 prazas.
Aula de Cine
Aula insonorizada con pantalla grande, proxector de alta definición e equipo de son para o visionado de películas de cine. Ten unha capacidade de 116 persoas.
Aula de Producción
Situada na primeira planta. Espazo de 40 prazas con mesas, lousa, proxector, ordenador.
Auditorio do Campus
Capacidade de 400 persoas. Situado na primeira planta do edificio, utilízase para a celebración de
eventos, congresos e os actos de gradación. Dispón de sistema de son e equipo de proxección.
Zona de Traballo
O centro conta con conexión wifi para alumnado e profesorado, e na planta baixa hai habilitada unha zona con mesas e cadeiras (e un gran número de enchufes) para que os alumnos poidan conectarse mediante os seus portátiles e, á vez, si rvan de espazo de traballo en grupo.