Microcredenciais
Recíclate na Uvigo, sen titulación previa. 70% subvencionadas, para persoas de entre 25 e 64 anos.
Recíclate na Uvigo grazas ao “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” unha convocatoria de axudas para a subvención de máis do 70% do custe destas formacións, destinadas a cubrir as necesidades de recualificación e a mellora a empregabilidade da poboación de 25 a 64 anos.
Que é unha microcredencial?
Son formacións de curta duración, focalizadas na adquisición de coñecementos, habilidades ou competencias específicas. Están abertas a todas as persoas, con ou sen titulación universitaria, e que contan cunha certificación dixital verificable en todo o mundo. Ademais, permiten unha estrutura modular da formación e poden acumularse e combinarse en credenciais máis amplas, no marco dun itinerario formativo personalizado.
Para acceder ás formacións non é necesario ter titulación universitaria, pero dependerá dos requisitos de acceso de cada formación e a adecuación aos seus contido, e as temáticas están abertas a todos os ámbitos de coñecemento.
Páxina web: https://cpfp.uvigo.gal/gl/estudos/microcredenciais/
