NULL

Fortunato Rodriguez Fernández

Profesor Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)

Enxeñeiro Industrial pola Universidade Politécnica de Madrid. (1985). Doutor en Historia das Ciencias e das Técnicas pola Universidade de Vigo. Cámara, Deseñador Gráfico e Animador en RTVE no período 1982 – 1998. Docente no ámbito universitario desde o curso 1993/1994. Impartiu docencia na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, no eido do Arte por Ordenador. Dende 2004 a súa docencia céntrase nos estudos de Comunicación Audiovisual.

Actualmente é Profesor Titular na Universidade de Vigo. Os seus intereses de investigación céntranse nas diferentes técnicas de animación, en particular as orientadas o motion graphics e animación de modelos científicos.

Materias que imparte

Materias no Grao en Comunicación audiovisual
  • Deseño dixital: Expresión gráfica e motion graphics
  • Dirección artística