Materias no Grao en Comunicación Audiovisual

  • Teoría e técnica cinematográfica
  • Dirección artística e escénica
  • Crítica audiovisual

Breve reseña biográfica

Doutor en Comunicación Audiovisual e crítico de cine en La Voz de Galicia. Actualmente director artístico do Ourense Film Festival. Pertence á Academia de las Ciencias y las Artes de Televisión, á Academia Audiovisual Galega, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, ao Padroado do Museo do Pobo Galego, a Asociación Española de Historiadores de Cine e ao Pen Club de Galicia. Como ensaísta cinematográfico publicou, entre outras, Carlos Velo. Cine e exilio (A Nosa Terra, 1996), As imaxes de Carlos Velo (A Nosa Terra, 2001), A Bella Otero, pioneira do cine (CGAI, 2003), Emilio Baños Santos. Unha vida entre películas (CGAI, 2003), Rodado en Galicia (Consorcio Audiovisual de Galicia, 2005, 2007), Las imágenes de Carlos Velo (UNAM, México, 2007) e Ourense, plató de cine (Deputación de Ourense, 2021). Tamén coordinou con José Luis Cabo o Dicionario do Cine en Galicia 1896-2008 (CGAI, 2008), e xa en solitario Cinegalicia25 (Fundación Cidade da Cultura, 2014). Como autor de ficción creou desde 2002, a saga policial de Frank Soutelo para a editorial Galaxia, á parte outros títulos cos que gañou os premios Manuel García Barros (2002) e Eduardo Blanco Amor (2016). Entre outros galardóns, recibiu da Academia de las Ciencias y de las Artes Cinematográficas de España en 2011, o XIII Premio González Sinde polo programa Audiovisual nas Aulas, e en 2012, o Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual, da Xunta de Galicia.

Miguel Anxo Fernández Fernández

Miguel Anxo Fernández Fernández

Profesor Asociado Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)