Materias no Grao en Publicidade e Relacións Públicas

  • Métodos e Técnicas de Investigación de Medios e Audiencias
  • Avaliación da eficacia publicitaria

Breve reseña biográfica

Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid (1986), Master MBA pola Escola de Negocios Caixanova (1999). Doutor en Comunicación pola Universidade de Vigo (2017). Traballa en TVG, onde desempeñou labores de xornalista, Xefe de Deportes, Redactor Xefe e actualmente responsable de contidos e RR.SS. Foi director do C.T. de TVE en Galicia (1998-2004) e director do O.A.L. Turismo Rías Baixas (2004-2008). Vogal da APG e membro da Asociación da Prensa de Vigo.

Docente no ámbito universitario desde o curso 2008-09 como profesor asociado na Facultade de Comunicación da UVigo en diversas materias: Técnicas de Comunicación Escrita, Técnicas de propaganda política, Imaxe Corporativa, Produción publicitaria web e multimedia, e máis. No curso 2023-24 imparte docencia en Métodos e Técnicas de Investigación de Medios e Audiencias e Avaliación da eficacia publicitaria.

José Octavio Rodríguez Nieto

José Octavio Rodríguez Nieto

Profesor asociado