Materias no Grao en Publicidade e Relacións Públicas
- Comunicación: Historia da propaganda e a publicidade
Breve reseña biográfica
Catedrático de Universidade, doutor en Ciencias da Información (con Mención Europea) pola Universidad Complutense de Madrid, doutor en Historia (con Premio Extraordinario) pola UNED e Profesor Titular de Historia da Propaganda na Universidade de Vigo dende 1999, en cuxa Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación foi decano (dous mandatos), vicedecano e secretario.
Entre outras universidades, foi profesor convidado en Harvard University e University of California Berkeley, así como Endowed Chair Professor da University of Massachusetts Dartmouth (2013) e Michael Teague Visiting Professor in Portuguese and Brazilian Studies na Brown University (2017). Entre os seus últimos traballos, están Salazar y Franco. La alianza del fascismo ibérico contra la España democrática: diplomacia, prensa y propaganda (Trea, 2017) e News on the American dream. A history of the Portuguese press in the United States (University of Masssachusetts Press, 2019). Como xornalista, traballou en TVE, Radio Galega, El Correo Gallego e Diario 16 de Galicia.