Materias no Grao en Comunicación Audiovisual
- Guión, produción e realización para programas de entretemento
- Tecnoloxía dos medios audiovisuais
- Guión, produción e realización de ficción
Breve reseña biográfica
Licenciado en CC. da Información pola Univ. Complutense de Madrid. Doutor en Comunicación Audiovisual e Publicidade pola Univ. de Vigo. Profesor contratado doutor da Univ. de Vigo dende 2004.
Membro do grupo de investigación Divulgatia Nuevos Materiais de Física Aplicada no que desenvolve a liña de investigación adicada á divulgación científica audiovisual. Participou en 17 proxectos de investigación e realizou 9 proxectos de transferencia. Fixo a súa tese doutoral sobre o desenvolvemento da televisión local. Dirixiu a realización das Campañas de Promoción 2016 e 2017 da Uvigo, así como a Campaña de despedida do Pergamiño Vindel.
Profesor da Cátedra de Televisión e Novos Medios da EICTV de Cuba en 2017 e 2018. Director do Taller de Ficción do CeMAC dende 2010, onde produciu curtametraxes e webseries. Coordinador artístico do Desafío Audiovisual Illas Cíes do concello de Vigo e do concurso FasMuvis do OUFF.
Desenvolveu a súa carreira profesional na TVG dende 1996 ata 2004, traballando como realizador e axudante de realización en programas informativos, de entretemento, ficción e retransmisións. Foi socio fundador da televisión local Televigo dende 1995 ata 2015 e dirixiu a produtora Videogal onde produciu e realizou diversos documentais.
Na actualidade é Vicedecano de Comunicación e Promoción da Fac. de Ciencias Sociais e da Comunicación.
Paulino Pérez Feijoo
Profesor Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)
paulipe@uvigo.es
abrimosdenegro.blogspot.com.es
986 80 20 66