
Novas Medidas Covid (22 de abril de 2022)
Segundo a información remitida dende a Vicerreitoría de Economía e Planificación facilitada o 21 de abril, que, a súa vez, recolle a entrada en vigor do RD 286/2022, do 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso da máscara durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 e as medidas aprobadas polo Comité COVID-Universidade do 20 de abril.
Ademais da información facilitada, adxunta, para o caso da nosa facultade, incidimos na seguintes cuestións:
1. As máscaras son obrigatorias (tipo FPP): para as persoas que estean afectadas por COVID ou amosen síntomas compatibles co mesmo.
2. As máscaras son obrigatorias en: ascensores e os laboratorios de prácticas onde non poden manterse as medidas de distancia e ventilación.
3. As máscaras son obrigatorias: para os servizos de conserxería, administración e calquera outro de atención ao público (por exemplo, titorías individuais).
4. Mantéñense as medidas habituais con respecto a ventilación dos espazos (alomenos 10 minutos cada hora) e hixiene de mans.
Deste xeito, incidimos que a COVID pasou a ser tratada coma unha enfermidade común polo que só será motivo de baixa ou ausencia de cando se trate dun caso diagnosticado que será xestionado como unha baixa de enfermidade no relativo aos docentes e persoal de administración e servizos. No caso dos estudantes poderá solicitarse xustificante médico xa que os test de antíxenos pasan a non ser admitidos como proba da enfermidade.
Como xa se indicou, as persoas afectadas pola enfermidade sen síntoma poden acudir ao posto de traballo ou actividades docentes empregando a correspondente máscara de protección.
Agradecemos a colaboración en xestionar de xeito razoable e con sentido común este novo escenario fronte a COVID.