Materias no Grao en Publicidade e Relacións Públicas

  • Elaboración da mensaxe publicitaria
  • Redacción e locución publicitaria
  • Campañas de imaxe e de relacións públicas

Breve reseña biográfica

Licenciaturas en Tradución e Interpretación, e Publicidade e Relacións Públicas, Posgraos en Dirección de Comunicación e Dirección de Equipos de Traballo, formouse tamén en áreas como community management, posicionamento SEO/SEM, protocolo, ventas, coaching e idiomas.

Desenvolveu inicialmente a súa actividade profesional como tradutora e intérprete, para pasar posteriormente a centrarse nos ámbitos de comunicación, marketing, publicidade e relacións públicas. Forma parte de AGPTI, Association for Business Communication e Club de Creativos. No 2012 finalizou o Master of Communication Management da Annenberg School, University of Southern California, cunha bolsa Fundación Barrié. Dende entón, traballa como formadora e asesora en comunicación para distintas empresas e institucións, ademais de colaborar, como titora, facilitadora e mentora, en iniciativas como GRADschool e 3DayStartup.

En 2018 obtivo o Doutoramento en Comunicación, e actualmente compaxina esas actividades con docencia e investigación no departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo.

Carmen Máiz Bar

Carmen Máiz Bar

Profesora asociada

maizbar@uvigo.es
986 80 20 67