Un curso máis, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia e a Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo colaboran na organización de AuGAL, Master Class do Audiovisual Galego, para afondar nos procesos creativos e técnicos do cinema e a televisión, co foco posto na máis recente produción galega.
Dirixida tanto a estudantes como a profesionais do sector, esta iniciativa formativa ofrecerá, entre os meses de novembro de 2024 e marzo de 2025, a súa 14ª edición composta por nove sesións con proxeccións, coloquios e o cuarto concurso A Canteira-AuGAL.
Lugar: Aula de cine da Facultade de Comunicación. Campus A Xunqueira (Pontevedra)
Datas: de novembro de 2024 a marzo de 2025
Coordinadores: Miguel Anxo Fernández e Paulino Pérez
Secretaría: augalmasterclass@gmail.com
Duración: 27 horas
Matrícula: gratuíta previa inscrición (prazas limitadas ata completar capacidade). Entregarase diploma de asistencia outorgado pola Axencia Galega das Industrias Culturais.
Inscrición no curso enviando a ficha adxunta (pdf) a augalmasterclass@gmail.com
Concurso A Canteira -Augal: O alumnado da Facultade de Comunicación pode participar no Concurso A Canteira-Augal enviando as súas curtas producidas durante o curso 2023/2024. Dos traballos enviados serán seleccionadas 8 obras que formarán parte do concurso.
Para participar é necesario enviar a ficha de inscrición da curta e un link de descarga a augalmasterclass@gmail.com
- Programa Augal 2024/2025 (Descargar aquí)
- Folla de inscrición (Descargar aquí)
- Inscrición da curta (Descargar aquí)