Materias no Grao en Comunicación Audiovisual

  • Posprodución audiovisual
  • Expresión sonora e estilos musicais

Breve reseña biográfica

Graduado en Enxeñería da edificación pola Universidade Europea Miguel de Cervantes. Técnico en PRL polo CEREM International Business School e Máster en formación de profesorado pola Universidade Isabel I. Docente no ámbito universitario, exerce como profesor asociado desde o curso 2016/2017 nas materias de Expresión Sonora e estilos Musicais e Guión, produción e realización para televisión, directamente relacionadas ca súa actividade profesional principal.

Desde hai máis de oito anos, traballa como técnico de son en Cinemar Films (Santiago de Compostela). Está especializado en postprodución para cinema e televisión en procesos de edición, montaxe, Foley, dobraxe e mesturas. Ten participado en multitude de proxectos audiovisuais de todo tipo de formatos (longametraxes, curtametraxes, series de ficción, series de animación, programas de televisión, anuncios ou publicidade).

Leva colaborado con institucións e diferentes entidades na impartición de seminarios e cursos técnicos, así como na titorización de traballos Fin de Grao.

David Martín Fidalgo

David Martín Fidalgo

Profesor Asociado Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)

 986 80 20 68
damartin@uvigo.es