Materias no Grao en Comunicación Audiovisual
- Guión, produción e realización para televisión
- Guión, produción e realización de programas de ficción
Breve reseña biográfica
Doutora en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, onde obtivo o premio extraordinario de doutoramento coa súa tese en torno ao cinema de non ficción galego.
Produtora de longametraxes como Eles transportan a morte (2021) dirixida por Helena Girón e Samuel M. Delgado, Sycorax (2021) de Lois Patiño e Matías Piñeiro, Longa Noite (2019) de Eloy Enciso ou Those that, ata a distance, resemble another (2019) de Jessica Sarah Rinland, entre outros. Os seus traballos foron presentados en Festivais como Cannes, Venecia, San Sebastián, Locarno, FID Marseille, Mar del Plata e en institucións como o MoMA, Museo Reina Sofía ou no Harvard’s Film Study Center. Filmes que obtiveron o recoñecemento do xurado En Venecia, Locarno ou Mar del Plata.
Impartiu conferencias en Harvard, Musac ou no Arts College de Edimburgo entre outros. Ten realizado estadías de investigación en centros de referencia como A Filmoteca da UNAM (México) ou na Cinemateca de Lisboa.
A súas liñas de investigación céntranse en cine de non ficción, mercadotecnia e produción cinematográfica.

María Isabel Martínez Martínez
Profesora Ayudante Doctora | Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)
986 80 19 99
isabelmartinez@uvigo.es