MICROCREDENCIAIS

Recíclate na Uvigo, sen titulación previa.
70% subvencionadas, para persoas de entre 25 e 64 anos.

Recíclate na Uvigo grazas ao “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” unha convocatoria de axudas para a subvención de máis do 70% do custe destas formacións, destinadas a cubrir as necesidades de recualificación e a mellora a empregabilidade da poboación de 25 a 64 anos.

Que é unha microcredencial?

Son formacións de curta duración, focalizadas na adquisición de coñecementos, habilidades ou competencias específicas. Están abertas a todas as persoas, con ou sen titulación universitaria, e que contan cunha certificación dixital verificable en todo o mundo. Ademais, permiten unha estrutura modular da formación e poden acumularse e combinarse en credenciais máis amplas, no marco dun itinerario formativo personalizado.

Para acceder ás formacións non é necesario ter titulación universitaria, pero dependerá dos requisitos de acceso de cada formación e a adecuación aos seus contido, e as temáticas están abertas a todos os ámbitos de coñecemento.

AS NOSAS MICROCREDENCIAIS

FERRAMENTAS DE COMUNICACIÓN PARA PEMES

Páxina web: https://cpfp.uvigo.gal/gl/estudos/titulos-propios/id1300-1/

Cun enfoque eminentemente práctico, o curso fará un percorrido polas principais ferramentas de comunicación corporativa.

Para quen? Autónomos, PEMES, emprendedores e profesionais interesados en
formarse en comunicación.

Para que?

  • Persoas que estean a comezar, ou a piques de comezar, a súa actividade profesional; para aprender como enfocar e planificar a súa comunicación.
  • Profesionais/empresas que, cunha actividade profesional xa iniciada, desexen facer medrar o seu negocio; para lograr atraer a un grupo maior dentro dos seus públicos potenciais.

De que falaremos? Branding, identidade gráfica, creatividade, publicidade, relacións públicas, eventos, comunicación dixital, redes sociais, planificación de medios, entre outros.

Táboa de prezos

IMPORTANTE: Sobre todas estas tarifas se aplicará un desconto dun 70%, provinte
de subvención específica da Xunta de Galicia para persoas entre 25 e 64 anos (único
requisito), resultando nun importe máximo de matrícula de 97,5 euros.

PÚBLICO EN XERAL ALUMNI UVIGO COMUNIDADE UVIGO
325€ 292,5€ 276,25€

Contacto

Centro de Estudos de Posgrao e Formación Permanente: cpfp@uvigo.gal
Coordinación do curso: Carmen Máiz Bar (maizbar@uvigo.gal)

Outras microcredenciais.
https://cpfp.uvigo.gal/es/estudios/titulos-propios