Materias no Grao en Publicidade e Relacións Públicas
- Produción publicitaria impresa
- Teoría e práctica da comunicación publicitaria
- Publicidade, artes gráficas e tipografía
- Obradoiro de prácticas profesionais (seminario de experiencias profesionais)
Materias no Máster Universitario en Dirección de Arte en Publicidade
- Teorías acerca do Deseño, a Imaxe e a Creatividade
Breve reseña biográfica
Doutor en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Docente na Universidade de Vigo desde 1997. Actualmente é Profesor Titular. Desempeña o cargo de Director da área de Posgrao, no Vicerreitorado de Ordenación Académica e Profesorado. Especialista en Tipografía, Deseño Gráfico e Música. As súas principais liñas de investigación teñen que ver coa Imaxe Corporativa, a tipografía e a música no cinema. Ten seis libros publicados e varias decenas de artigos.
É profesor habitual na LUMSA Università de Roma, e na Universidade Anáhuac de Xalapa, México. Nesta última, forma parte do seu Consello Consultivo de Mercadotecnia. Pronunciou conferencias en diversos países e organizacións.
Nos seus inicios exerceu como xornalista na Cadea SER, Onda Cero, Cadea Radio Noroeste, Faro de Vigo ou a TVG, entre outros. Tamén imparte clases de Historia da Ópera, no Conservatorio Superior de Música Mayéusis e para a Sociedade Filarmónica de Vigo.