Materias no Grao en Publicidade e Relacións Públicas

  • Produción publicitaria na web e multimedia

Materias no Grao en Comunicación Audiovisual

  • Propaganda en medios audiovisuais

Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais

  • Ecosistema de medios sociais e ferramentas dixitais

Breve reseña biográfica

Profesor Titular no departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo. Doutor en Comunicación Audiovisual e Publicidade pola Universidade de Vigo (2010) e Máster en Educación e TIC (e-learning) pola Universitat Oberta de Catalunya (2018). Conto con dous sexenios de investigación recoñecidos e dúas avaliacións moi favorables no programa Docentia.

As miñas liñas de investigación céntranse na comunicación en redes sociais e os medios dixitais, con especial énfase no fenómeno da desinformación.

Desenvolvo a miña actividade investigadora dentro do grupo SEPCOM (Investigación en Comunicación para o Servizo Público) da Universidade de Vigo onde fun co-Investigador Principal entre 2020 e 2023 do proxecto “Narrativas dixitais contra a desinformación: estudo de redes, temas e formatos nos fact-checkers iberoamericanos”, financiado pola Axencia Estatal de Investigación.

No ámbito docente, imparto as materias «Propaganda en medios audiovisuais» no Grao en Comunicación Audiovisual, «Produción publicitaria na web e multimedia» no Grao en Publicidade e Relacións Públicas e «Ecosistema de medios sociais e ferramentas dixitais» no Máster en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais.

Coordino o Grupo de Innovación Docente DIXITAIS da Universidade de Vigo. Desde 2016 traballamos na alfabetización dixital e mediática e na integración da tecnoloxía na docencia.

Son membro da Asociación Española de Investigación en Comunicación (AE-IC) e da Cátedra UNESCO en Educación Transformadora: Ciencia, Comunicación e Sociedade da Universidade de Vigo.

Alberto Dafonte Gómez

Alberto Dafonte Gómez

Profesor Titular e Doutor Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)