Materias no Grao en Publicidade e Relacións Públicas
- Lingua: Linguaxe publicitaria en galego
Materias no Grao en Comunicación Audiovisual
- Lingua: Lingua galega
Breve reseña biográfica
Benigno Fernández Salgado é Licenciado en Filoloxía Hispánica (Galego-Portugués) pola Universidade de Santiago (1985) e Doutor en Filosofía e Letras (D.Phil) pola Universidade de Oxford (1996). Dende o 2001 é profesor titular na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, onde imparte aulas de Lingua nos graos de Publicidade e Comunicación Audiovisual. Foi asesor lingüístico da Televisión de Galicia (1985-88) e lector nas universidades de Birmingham (1989-91) e Oxford (1991-94).
É autor das monografías Os Rudimentos da Lingüística Galega 1913-1936 (2000), e El Agricultor. Agrarismo Solidario e Rexionalismo Lingüístico (2007). Compilou o Dicionario Elemental Galego-Inglés Inglés-Galego de Edicións Xerais e coordinou o Dicionario de Dúbidas e o Dicionario de Usos e Dificultades da Editorial Galaxia. Traduciu A Perla de John Steinbeck, o Diario de Eva de Mark Twain (Premio Ramón Cabanillas de Tradución), A Morte das Linguas de David Crystal, e Linguaxe: Unha Introdución ó Estudo da Fala de Edward Sapir.