Materias no Grao en Publicidade e Relacións Públicas

  • Comunicación alternativa: Medios virtuais e novos soportes publicitarios

Materias no Máster Universitario en Dirección de Arte en Publicidade

  • Publicidade Alternativa

Breve reseña biográfica

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, licenciada e doutora en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo e Premio Extraordinario de Doutoramento, é profesora do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14). 

Conta con múltiples publicacións científicas, monográficos, participacións en congresos, comités de redacción, revisión, coordinación de manuais e conferencias. Directora de tres teses doutorais e preto dun centenar de proxectos fin de carreira e grao, realizou estancias en centros estranxeiros nas universidades de Anahuac (campus Xalapa e Cancún), PUC-Minas Gerais (Brasil), Colima (México), Lumsa e Campobasso (Italia), Wroclaw (Polonia) e Zadar (Croacia). Obtivo sexenio de investigación en 2016. Ademais, ten experiencia profesional en diferentes medios de comunicación galegos de prensa escrita.

Desempeñou varios cargos de xestión: vicedecana de Calidade da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, coordinadora do Grao de Comunicación Audiovisual e directora do Máster de Dirección de Arte Publicitaria. Actualmente é a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo.

Pertence ao grupo de innovación docente ComTecArt e imparte diferentes materias de títulos vencellados a comunicación e en produción publicitaria en medios audiovisuais. É membro do grupo de investigación CP2 da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

LIÑAS DE INVESTIGACIÓN: Publicidade audiovisual, programación audiovisual, identidade corporativa, novos formatos e soportes publicitarios, novas tecnoloxías aplicadas á xestión da comunicación nas organizacións, tendencias en comunicación, medios virtuais e redes sociais.

Mónica Valderrama Santomé

Mónica Valderrama Santomé

Profesora Contratada Doctora Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)

santome@uvigo.es
986 80 20 09