Materias no Grao de Comunicación Audiovisual
- Técnicas de edición dixital
- Produción e realización en novos formatos
Materias no Grao en Publicidade e Relacións Públicas
- Obradoiro de prácticas profesionais (seminario de experiencias profesionais)
Materias no Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais
- Desenvolvemento de narrativas audiovisuais en contextos dixitais
Materias no Máster Universitario en Dirección de Arte en Publicidade
- Creación e distribución de contidos audiovisuais en redes
- Desenvolvemento de narrativas audiovisuais en contextos dixitais
Breve reseña biográfica
Doutor en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), realicei estadías de investigación na Universidade Lusofona de Lisboa (Portugal), Universidade Federal de Santa Catarina (Brasil) e Universidade de Costa Rica. Participei en proxectos de innovación educativa a nivel internacional como o proxecto CIAKL (EAC/19/2011) e formei parte de proxectos de investigación competitivos a nivel nacional INCITE (10SEC362025PR).
As miñas liñas de investigación están asociadas a aplicación de estratexias narrativas audiovisuais no contexto dos novos medios.
Son realizador audiovisual con máis de dez anos de experiencia no sector, traballando para empresas públicas e privadas. Como realizador independente participei na realización de videoclips, a asistencia técnica a videoinstalacións e a construción de espazos visuais e sonoros para artistas plásticos e espectáculos.
Oswaldo García Crespo
Profesor Contratado Doutor Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)
986 80 20 41