Materias no Máster en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais
- Dirección estratéxica de comunicación dixital
Materias no Grao en Publicidade e RRPP
- Teoría e práctica das relacións públicas
- Relacions públicas e comunicación solidaria
Breve reseña biográfica
Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid (1993), Doutor en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela (2007). Autor de varios libros, como A comunicación no Sector Feiral. Estratexias de organizadores, expositores e visitantes, ou A xestión dun evento único. Crónica do Centenario. Ten publicados artigos en revistas e participado en congresos do sector de comunicación e as relacións públicas. A súa traxectoria profesional estivo ligada á xestión da comunicación no ámbito empresarial e institucional.
Foi Director de Comunicación da Feira Internacional de Galicia (1994-2004) e Xefe de Gabinete do Concello de Ribeira (2005-2007). Desde 2008, dedicase á docencia na Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación da Universidade de Vigo. Actualmente é Profesor Contratado Doutor no Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade. As súas áreas de especialización son as relacións públicas, a comunicación solidaria e a organización de eventos.
Xosé Manuel Baamonde Silva
Profesor Contratado Doutor Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)
986 80 19 91
xbaamonde@uvigo.es