PUBLICIDADE E RELACIÓNS PÚBLICAS
PUBLICIDADE E RELACIÓNS PÚBLICAS
CARACTERÍSTICAS
· Campus: Pontevedra
· Tipo: Grao
· Créditos ECTS totais: 240
· Modalidade: Presencial
· Prazas: 100
· Número de cursos: 4
· Código: P04G190V01
· Prezo por crédito do Grao: 9,85€ en 1a matrícula
DESCRICIÓN
O plan de estudos do Grao en Publicidade e Relacións Públicas responde a tres perfís profesionais específicos: xestores e creativos publicitarios, directores de comunicación e relacións públicas.
- Deseño de campañas de publicidade, creación de contidos audiovisuais e gráficos para medios e redes sociais, planificación estratéxica en medios, organización de eventos, xestión da comunicación de empresas e institucións, gabinetes de prensa, xestión de redes, creación de marca.
SAÍDAS PROFESIONAIS
- Axencias de publicidade e de comunicación.
- Axencias de comunicación dixital.
- Gabinetes de relacións públicas.
- Axencias de medios.
- Departamentos de marketing e publicidade.
- Consultoras de comunicación e publicidade.
- Xestión da comunicación en institucións públicas e empresas.
- Gabinetes de imaxe e comunicación corporativa.
- Analista de mercados.
- Creador de contidos fotográficos e audiovisuais.
- Empresa de organización de eventos.
OBXETIVOS XERAIS DA TITULACIÓN
– Adquirir un coñecemento exhaustivo dos fundamentos teóricos e prácticos que conforman o fenómeno da comunicación, especialmente a publicitaria e a das relacións públicas, a súa función na sociedade e as súas técnicas e metodoloxías de investigación.
– Adquirir coñecementos sobre o deseño e creación de políticas e estratexias comunicativas.
– Desenvolver a capacidade para adoptar estratexias de comunicación coherentes.
– Desenvolver a capacidade crítica, analítica e interpretativa.
Queres máis información?
Contáctanos por correo a sdfasoc@uvigo.es