Coordinadora de TFG: Susana Domínguez Quintas
Qué é o TFG: é un traballo persoal que cada estudante realizará de xeito autónomo baixo as orientacións dun/dunha titor/a académico/a, profesor/a do Grao en Publicidade e Relacións Públicas. Poderá revestir una orientación teórica ou práctica.
Procedemento: o procedemento de aprobación de propostas temáticas e asignación de titores contémplase nos regulamentos de Traballo de Fin de Grao da Universidade de Vigo e da propia titulación.
Defensa do TFG: o TFG poderá defenderse nas convocatorias de maio ou xullo, así como na convocatoria extraordinaria de fin de carreira. O acto de presentación pública realizarase ante un tribunal conformado por profesores do Grao e nel o estudante deberá presentar un resumo do seu traballo, sobre os que os integrantes do tribunal poderán realizar as observacións que consideren oportunas e que o alumno/a poderá responder.
Avaliación: o tribunal deliberará sobre a cualificación e emitirá unha cualificación final resultante da media aritmética das notas atribuídas por cada un dos membros. Neste punto o tribunal rexerase polo disposto nas Normas de Xestión Académica para as Titulacións de Grao regulados polo Real Decreto 1393/2007.