Contacta a través dos teléfonos 986 80 20 26 e 647 34 31 02 ou mediante correo electrónico no enderezo audiovisuaisuvigo@gmail.com.

O Gabinete Audiovisual, ocúpase da xestión, organización e mantemento dos laboratorios e do material audiovisual. Está formado por un equipo de dous técnicos especialistas en Medios Audiovisuais (Vicente López “Txapu” e Julio Martínez ) e ten como función principal o apoio á investigación e á actividade docente.

O horario do servicio de atención para a reserva de espazos e de préstamo de material audiovisual é de 9:00 a 21:00, e está ubicado na planta baixa.

Os laboratorios audiovisuais se reservan na web do Gabinete Audiovisual. Para a solicitude de permisos para a utilización de aulas, salas de reunión ou espazos da facultade enviar solicitude a sdfasoc@uvigo.es ou contactar coa Conserxería (pranta baixa) ou no 986 80 19 99.

Prégase aos estudantes que, para a optimización dos recursos materiais e por respecto ao traballo doutros estudantes, sexan estrictos no cumplimento dos horarios de recollida e entrega do material reservado.

Reserva de Espazos da Facultade:

Para reservar espazos da facultade (Aulas, Seminarios, Salón de Graos…) envía un correo a Vicedecanato FCSC (sdfasoc@uvigo.es) co espazo a reservar, datas e horario.

Reserva de Laboratorios:

Para reservar os laboratorios da facultade (plató tv, plató de cine, posprodución, Radio, estudio de son, fotografía) para docencia e prácticas faino a través da web do Gabinete Audiovisual http://material.uvigo.es/ ou envía un correo ca solicitude a audiovisuaisuvigo@gmail.com