FAQ

PREGUNTAS MÁIS FRECUENTES NOS PROGRAMAS DE MOBILIDADE

Aquí podes encontrar a solución as dúbidas máis frecuentes. De calquera xeito, comproba sempre a convocatoria da bolsa que te interese, pois é a información oficial e a publica a Oficina de Relacións Internacionais (ORI) da Universidade de Vigo ou o SIOPE no caso SICUE (https://www.uvigo.gal/estudar/mobilidade).

1. Cales son os requerimentos iniciais que se deben cumprir para gozar dunha bolsa Erasmus/mobilidade?

Estar matriculado na Facultade de C. da Comunicación tanto no curso académico no que se solicita a bolsa, como no que se realizará a estancia Erasmus/mobilidade e ter como mínimo 60 créditos ECTS aprobados (120 para as Bolsas Santander) e estar matriculado en 30 ECTS máis.

A Universidade de Vigo publicará unha Convocatoria para o estudantado de posgrao e máster específica.

2. Cando e como teño que solicitar a bolsa Erasmus/Mobilidade?

A solicitude para o próximo curso realizarase por Internet no seguinte enlace https://www.uvigo.gal/estudar/mobilidade mobilidade e nas datas indicadas cando saia a convocatoria. Nin o Decanato, nin o Coordinador de Mobilidade teñen información previa de cando va a sair. Non vale de nada preguntar. Presta atención ao correo electrónico e a web antedita, así como á publicación de calquera bolsa adicional (MEC, Diputacións, Xunta de Galicia, Santander…) nas webs correspondentes. Deberá comprobarse na convocatoria ata cando estará aberto o período de solicitudes. Recoméndase non esperar ata o último día, pois a aplicación póde colapsar.

3. Son un estudante estranxeiro. Teño dereito a unha bolsa Erasmus/Mobilidade?

Si. Ademáis dos estudantes españois, poderán ser beneficiarios da bolsa Erasmus os cidadáns dun estado membro da Unión Europea, ademais de Turquía, Croacia e Macedonia, e aqueles que estean en posesión dun permiso de residencia válido para residir en España durante o período de realización da mobilidade.

4. Xa gocei dunha beca de mobilidade. Podo volver?

Durante o mesmo Ciclo de Estudos non se pode gozar de máis de 12 meses de bolsa Erasmus nas diferentes modalidades (estudos e prácticas). Por exemplo: un estudante de Grao que gozou dunha bolsa Erasmus prácticas de 6 meses só poderá solicitar unha bolsa de Erasmus estudios por un período máximo de 6 meses durante o Grao. Se queres volver repetir a experiencia de mobilidade máis aló dos 12 meses terías que solicitar outro tipo de mobilidade diferente ao que xa tiveches.

Un mesmo estudante pode solicitar a mobilidad SICUE por segunda vez, sempre e cando sexa nunha Universidade receptora distinta a onde realizóu o primeiro intercambio e en distinto ano académico. Terán preferencia os estudantes que nunca disfrutaron de bolsa de mobilidade.

5. Como podo saber que destinos se ofrecen na miña titulación?

Os anexos da Resolución Reitoral especifican os destinos por centros coa duración da estadía. Na páxina web de Mobilidade indicada máis arriba tamén atoparás toda a información relativa aos destinos ofertados na túa titulación, e información máis específica nas webs respectivas de cada Universidade nas que deberás comprobar se as aulas que ofrecen son do teu agrado para podelas incorporar no seu momento o OLA (On-line Learning Agreement, descrito máis a baixo). O Coordinador Departamental non pode recomendar un destino por enrriba de outros. A elección de destinos responde a criterios personais nos que non pode entrar. Ademáis da información do destino que ofrece cada Universidade podes acudir a multitude de webs turísticas que poden facilitar a tua elección, entre elas podemos sinalar Lonely Planet (www.lonelyplanet.es)

6. Como se fai a selección?

A selección faina o Coordinador Departamental tendo en conta a nota media do expediente, ou ter disfrutado dunha mobilidade anterior.

7. En que idioma se imparten as aulas na Universidade receptora?

Na Universidade receptora impártense aulas no idioma local. Asemade hai moitas universidades que sen ter como idioma propio o inglés imparten docencia en dito idioma. Esto debe consultarse na páxina web da Universidade receptora así como os certificados de idiomas que precisen. Non ter a acreditación podería impedir a mobilidade.

8. Cal é o nivel das probas de idioma e cando se celebran?

As probas de idioma (inglés, francés, portugués e alemán) celébranse nas datas que estableza o Centro de Linguas da Uvigo (centrodelinguas@uvigo.es) e serán comunicadas vía mail a todos os alumnos que solicitaron a beca Erasmus con posterioridade a solicitude.

9. Por canto tempo teño que ir?

O período de estadía pode ser dun semestre (1° ou 2°) ou do curso completo. Ainda que a oferta da estadía sexa de un semestre se queres podes solicitar a extensión a un ano á Universidade receptora e ao teu coordinador na Uvigo; normalmente non hai problemas.

10. De cantas materias ou créditos debo matricularme como mínimo e máximo?

Alumnos a tempo completo: Para estancias dun semestre entre un mínimo de 24 ECTS e un máximo de 30 ECTS, para estancias de curso completo entre un mínimo de 48 ECTS e un máximo de 60 ECTS.

Alumnos a tempo parcial: Para estancias dun semestre entre un mínimo de 12 ECTS e un máximo de 24 ECTS, para estancias de curso completo entre un mínimo de 24 ECTS e un máximo de 48 ECTS.

Asemade, deberán incorporarse ao Contrato de Estudos Online (OLA) materias dun curso completo e non as que van quedando dos cursos anteriores.

11. Teño que enviar algún documento á Universidade receptora? Cando?

Unha vez estean os resultados definitivos da selección publicados e saibas o teu destino, terás que enviar os documentos que solicite a Universidade receptora (solicitude de admisión -application form, Online Learning Agreement (OLA), copia do pasaporte, etc.). Entre a información que che piden está o código Erasmus da Universidade de Vigo, que é E VIGO01. Terás que consultar na súa páxina web de que documentos se trata, e ter en conta o prazo para envialos. Se non os envías dentro do seu prazo, pode supoñer que non te acepten como estudante de mobilidade. En calquera caso telo feito como máximo nos 15 días seguintes a creación to teu OLA (Online Learning Agreement) por la ORI, se non antes polos plazos da Universidade receptora.

12. Que é un Online Learning Agreement (OLA), Acordo de estudos, Contrato de estudos?

É o Contrato de Estudos (que o alumno deberá levar aceptado á Universidade receptora cando se incorpore nela). No mesmo indícanse as materias que a cursar na Universidade receptora e as materias que vanse  recoñecer na Universidade de Vigo. Para a súa realización sigue as instruccións que che darán dende a ORI. Unha vez feito o Contrato (OLA -Online Learning Agreement) acéptao premendo no botón correspondente. O Coordinador Departamental estudará a tua proposta e daráche máis instruccións de ser necesario. Deste modo xenérase o OLA BEFORE (contrato de estudos antes da mobilidade).

De non ter os códigos das materias de destino tes que usar a secuencia de numeros naturais empezando polo 1. Cando chegues a destino daranche os códigos definitivos.

Todo esto tes que telo feito como máximo nos 15 días seguintes á creación to teu OLA (Online Learning Agreement) pola ORI, se non antes polos prazos da Universidade receptora.

É probable que teñas que cambiar por distintos motivos (cambios na oferta de destino, horarios…) as materias elexidas nun principio. A partir do comenzo de cada semestre, durante 30 días, podes facer unha (1) modificación no contrato de estudos (OLA BEFORE) para reflexar as materias que de feito cursarás nese semestre; esta modificación poderá facerse como moi tarde ate o 15 de novembro (no caso do primeiro semestre) e o 15 de marzo (no caso do segundo semestre).

A modificación do OLA BEFORE solicítase por email ao Coordinador Departamental (cscinternacional@uvigo.es), que abrirá de novo o contrato para que poidas facer a modificación, xerándose automáticamente o OLA DURING (contrato de estudos durante a mobilidade) que recolle as materias elimidadas e engadidas ao OLA anterior. O Coordinador Departamental autorizará, se procede, a modificación e darache máis instruccións. Conserva sempre unha copia dos teus documentos.

Como se pode facer unha modificación o OLA por semestre como máximo, o estudante pode acabar con 3 OLAs: un OLA BEFORE e dous OLA DURING, non máis.

MOI IMPORTANTE! Debes comunicar á Secretaría do centro a túa condición de alumno de mobilidade co contrato de estudos (OLA), e con calquera cambio ao mesmo, que dará trámite, no seu caso, aos correspondentes cambios na matrícula. Asegura que esteas ben matriculado, como alumno de intercambio e non con matrícula ordinaria, se non o estiveses non se poderá facer a convalidación. Hai  15 días despois da variación do contrato (só poderá modificarse durante o primeiro mes do inicio do cuadrimestre en destino) para solicitar a modificación da matrícula e EN TODO CASO ANTES DO PECHE DAS ACTAS DA UVIGO. Se fas o OLA despois da matrícula (só debería ser por mobilidade no 2º semestre) ou modificas materias Uvigo no OLA, contacta á Secretaria para que consten «de intercambio», ou non se convalidarán.

13. Como se fai o recoñecemento dos créditos cursados na Universidade receptora?

Ao finalizar a estancia, a Universidade receptora enviará as cualificacións, expediente (Transcript of Records –ToR) (ti como estudante non tes que facer nada), normalmente non antes de setembro. O Coordinador Departamental, seguindo as instruccións da Comisión Europea no “ECTS User’s Guide”, fará o recoñecemento de créditos en bloque ou materia por materia segundo o acordado entre o alumno e o coordinador tendo en conta o contrato de estudos (OLA) e enviarache un correo electrónico para informar que o trámite foi feito e te podas matricular no curso seguinte ou pedir o título.

As calificacións da Uvigo no ECTS grading system son F:0-4,9 E:5,0-5,5 D:5,6-5,9 C:6,0-6,9 B:7,0-8,9 A:9,0-10.

14. Que materias deben figurar no contrato de estudos (OLA)?

O estudante só poderá escoller as materias do curso que estaría a facer nese ano académico ou posteriores. Non se pode incluír as materias suspensas ou non presentadas de anos anteriores.

Respeto ás materias de destino, temos en conta que a equivalencia coas da Uvigo pode ser moi complicada, o requisito mínimo e que estean dentro da “área de coñecemento” podendo ser de distinos anos, Graos ou Facultades (consultao tamén coa Universidade receptora). Plantexa a tua proposta no OLA para que o coordinador poda estudalo. Ten en conta que no programa Erasmus non debes ligar materias de Uvigo coas de destino. Pola contra, no programa SICUE si é necesario ligar as materias pois os programas de estudos dentro de España son semellantes.

As Prácticas Externas e o TFG soamente son convalidabeis se os ofrece a Universidade receptora no seu programa con unha carga ECTS semellante, que non é habitual -COMPROBAO coa Universidade receptora.

Se non podes meter o TFG no OLA terás que facelo “a distancia” facendo a matrícula ordinaria do mesmo. Fala co teu coordinador de TFG para informarlle do teu caso.

O Obradoiro de Prácticas Profesionais é convalidable por materias ordinarias.

Pensa: facer unha mobilidade en 4º ano non e a mellor idea xa que podes precisar do título para facer un Master ou para un contrato de traballo e a convalidación depende de cando envían o ToR as Universidades receptoras, e non adoita ser antes de setembro. Se prevés que podes estar nesta situación, non vaias de mobilidade en 4º.

ALUMNOS DE PUBLICIDADE: Se foches de mobilidade en 3º ano, fixeches a preinscripción nas materias optativas de 4º ano e cando hai asignación de materias (xullo) o teu ToR non chegara contacta directamente coa coordinación do Grao comentando a situación.

En canto as materias que se poden elexir na Universidade receptora, é a Universidade receptora quen as oferta. Se non as encontras pídelles información por email. Non teñen porque corresponder ao curso que estás a facer aquí, nin siquera do mismo grao que estudas na Uvigo. Trátase dunha elección consensuada entre o alumno e o Coordinador segundo as materias da Facultade de C. da Comunicación. Como máximo podes coller 12 ECTS de materias de idiomas para estancias dun ano e 6 ECTS para estancias dun semestre. Lembra que non sempre as materias nas Universidades receptoras teñen o mesmo valor de créditos polo que a suma total de materias escollidas debe alcanzar o número de créditos sinalados na pregunta 10.

15. Que sucede se suspendo unha materia?

En caso de suspender unha ou máis materias a nota será a mesma para a materia ou materias correspondentes no contrato de estudios. O Coordinador Departamental porase en contacto contigo. A segunda convocatoria deberase realizar sempre na Universidade receptora polo que non é posible presentarse na Uvigo na convocatoria de xullo.

16. A bolsa Erasmus é incompatible co resto de bolsas?

Non existe incompatibilidade coas bolsas habituais do alumnado (MEC, Xunta, etc). Máis aínda existen bolsas específicas das institucións públicas para alumnado que goce dunha bolsa Erasmus (Xunta, Universidade, Deputación). Comprobao en cada institución responsable da bolsa.

17. Podería rexeitar a Universidade receptora a miña solicitude?

A Universidade receptora podería rexeitar a túa solicitude se non acreditas o requisito lingüístico na forma que eles determinen (algunhas universidades esixen un certificado de idioma determinado). Tamén poden rexeitar a túa solicitude se non envías a documentación dentro do prazo que teñan establecido para recibir solicitudes.

18. Onde teño que pagar a matrícula?

Na Uvigo, coma sempre é un trámite que deberá realizarse na Secretaría. A Universidade receptora non poderá percibir pagos en concepto de prezos públicos por matriculación. Nembargantes, poderá esixir o pago de certos gastos administrativos, seguros obrigatorios, fotocopias, carnés de estudantes, etc.

19. Onde vou residir na miña estancia no estranxeiro?

As Universidades de destino teñen o compromiso de facilitar axuda para atopar aloxamento. Non obstante o responsable final es ti, e debes ter presente que nalgunhas cidades pode ser difícil atopalo. Por iso é importante cumprir cos prazos que che indiquen para enviar os formularios de reserva de aloxamento, se os hai. Canto antes o fagas, máis posibilidades terás de ter reserva de praza. Existen algúns enlaces que che poden axudar nesta tarefa:

http://universia.es // http://housinganywhere.com

20. Quen xestiona a viaxe ao destino?

Ti es o encargado/a de organizar a túa viaxe (billete de avión ou medio de transporte alternativo) e efectuar todas as xestións necesarias para chegar á Universidade receptora. Lembra que se viaxas fora da UE deberás tramitar visado, para o cal precisarás polo menos dous meses de antelación.

21. Podo renunciar á praza unha vez concedida?

Neste caso faise unha chamada á responsabilidade. Por suposto que se pode renunciar, pois sempre pode xurdir algún imprevisto, pero confíase en que os casos de renuncia teñan lugar exclusivamente por causas debidamente xustificadas. En caso contrario, poderase denegar ou limitar a súa participación nas convocatorias de próximos cursos.

Se decide abandonar unha vez iniciada a estancia, deberá notificalo urxentemente a ORI e ao Coordinador Departamental da Facultade de CC. Sociais e da Comunicación.

22. Quen é o meu Coordinador/a de Departamental?

O Coordinador Departamental de Relacións Internacionais é:

Profesor Dr. José Pita Castelo

Tel. +34 986 802 004 (O teléfono só é para chamadas institucionais. Non se atenden estudantes por teléfono).

Fax +34 986 801 997

cscinternacional@uvigo.es

Universidade de Vigo

Facultade de Comunicación

Campus da Xunqueira s/n

36005 Pontevedra. Spain

O Coordinador Institucional e o director da ORI, máis información na súa web (https://www.uvigo.gal/estudar/mobilidade)

23. ¿Que outra información IMPORTANTE debo coñecer?

A Oficina de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo (ORI, https://www.uvigo.gal/estudar/mobilidade) é a encargada de todos os trámites administrativos dos estudantes de intercambio. Esta Oficina elabora unha Guía Práctica para o alumnado Erasmus que é unha valiosa axuda.

Temas de matriculación, ou recepción de actas son responsabilidade da Secretaría de Alumnos. Se tes algún trámite de esta índole ponte en contacto directo coa Secretaría https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/mentres-estudas.

O Coordinador Departamental encargase únicamente dos trámites académicos: aceptación do OLA e convalidacións do ToR. Calquera outro documento fóra do OLA ou ToR é para a ORI.

Axudarate por correo electrónico e persoalmente durante o curso académico, fora de vacacións, fins de semana, feriados, ou permisos. Se requires cita persoal, pídea por email para evitar desplazamientos inúteis. Por favor, consultar calendario académico publicado pola Uvigo (https://www.uvigo.gal/estudar/organizacion-academica/calendario-academico) cada ano.

 

NORMAS SOBRE OS EMAILS

Asegura ter o teu email da Uvigo (@alumnos.uvigo.es) no SEIX para que apareza no teu OLA. Para modifícalo, sigue estas instruccións:

– Entrar na Secretaría Virtual (https://secretaria.uvigo.gal/)

– Pinchar en ‘A MIÑA CONTA’

– Pinchar En ‘Modificar’ e cambiala

-Os emails ao Coordinador Departamental deben dirixirse a cscinternacional@uvigo.es, non ao seu email como Profesor/a.

-Faino sempre dende o teu email @alumnos.uvigo.es. Outros orixes serán ignorados.

-Identifícate completamente con nome e apelidos, NIF, Titulación, tipo de movilidade e Universidade receptora en todos os emails que envíes.

-Debe deducirse claramente o que se solicita.

-Fai sempre unha contestacion ao email anteriormente remitido, así gardaranse todas as mensaxes nunha única conversa.

SOBRE A FIRMA ELECTRÓNICA

As firmas dos documentos fanse de maneira electrónica, tanto o alumno como o Coordinador. Asegúrate de ter o teu certificado electrónico da FNMT: https://www.sede.fnmt.gob.es/certificados/persona-fisica instalado no navegador do teu ordenador e o programa Autofirma: https://firmaelectronica.gob.es/Home/Descargas.html que che permitirá asinar os PDFs.

Alternativa ao anterior é a APP “Firma digital de documentos PDF con DNIe 3.0” da CNP-FNMT (atoparala na Play Store de Android e na Apple Store). Esta APP permite asinar documentos PDF que teñas no mobil (no Google Drive, por exemplo) con o teu DNI físico e sempre que o teu mobil teña NFC.

De xeito adicional de seguranza, deberías deixar autorizada por escrito unha persona da tua confianza para que poda facer os teus trámites persoalmente, de ser preciso.

24. Xa voltei da estancia fóra e todavía non teño as convalidacións das asignaturas feitas, por que?

Para facer as convalidacións o Coordinador Departamental precisa do contrato de estudos (Online Learning Agreement -OLA) aceptado por todas as partes, e do expediente académico orixinal (Transcrip of Records -ToR) que alumno acadou fora (ORIXINAL, non unha copia do orixinal ou un escaneo do orixinal). Se algún dos dous documentos falta, ou o alumno matriculouse mal (como ordinario e non como de mobilidade, ou non se matriculou en absoluto) a convalidación non pode facerse. O Coordinador Departamental cando recibe o ToR orixinal e fai a convalidación (materias que non figuren no ToR non se poden convalidar) avísate por email.

Normalmente os expedientes académicos (ToR) non chegan ata setembro pero podes facer a matrícula do curso seguinte nos plazos ordinarios e logo solicitar un plazo extraordinario de modificación de matrícula por este motivo xustificado.

Facer unha estancia de mobilidade en 4º ano non e a mellor das ideas xa que podes precisar do título para facer un master ou para un contrato de traballo e non o vas ter a tempo. Os prazos das Universidades de destino, os propios da Universidade de Vigo e dos servizos postais xunto coa disponibilidade do personal fan extremadamente difícil que os requisitos para presentar o TFG se cumpran para as convocatorias ordinarias de xunio e xulio; obrigando a sua presentación en convocatorias posteriores.

Descarga esta guía en formato PDF na seguinte ligazón