MÁSTER EN DIRECCIÓN DE ARTE EN PUBLICIDADE
Accede aquí á web do Máster: masterdirecciondearte.webs.uvigo.es
Campus: Pontevedra
Tipo: Posgrao
Modalidade: Presencial
Prazas: 35
Número de cursos: 1
Código: P04M082V01
O Máster en Dirección de Arte Publicitaria proporciona unha perspectiva profesional sobre deseño gráfico e creatividade dentro do proceso publicitario.
Trátase dun postgrao cun plan de estudos eminentemente práctico dirixido a proporcionarlle ao estudante a mellor formación para integrarse en departamentos de arte e ser parte activa do proceso creativo.
As prácticas en empresas obrigatorias e a posibilidade de realizar parte dos estudos no estranxeiro facilitarán que os estudantes adquiran unha perspectiva global e profesionalizante do mercado no que van desenvolver a súa actividade.