COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL
CARACTERÍSTICAS
- Campus: Pontevedra
- Tipo: Grao
- Créditos ECTS totais: 240
- Modalidade: Presencial
- Prazas: 45
- Número de cursos: 4
- Código: P04G070V01
- Prezo por crédito do Grao: 9,85€ en 1a matrícula
DESCRICIÓN
A consideración da comunicación, no seu sentido máis amplo, como factor económico clave na política de empresa, certifica o interese deste grao, no que se forman profesionais que, en consonancia coa crecente demanda laboral e a expansión do sector audiovisual no noso país e no resto da Unión Europea, poidan desenvolver optimamente as tarefas de guionista, director, realizador audiovisual, produtor, xestor, editor ou deseñador de posprodución en medios audiovisuais convencionais e multimedia, sen esquecer a faceta cultural e humanista que vai caracterizar o seu traballo, xunto á capacidade crítica, analítica e reflexiva en relación ao feito audiovisual.
SAÍDAS PROFESIONAIS
- Guionista, director e produtor en cine e tv.
- Realizador audiovisual e multimedia.
- Posproductor de vídeo, son e efectos visuais.
- Director de fotografía en cine e tv.
- Creador de vídeoxogos, aplicacións e contidos transmedia.
- Creador de contidos en medios sociais.
- Deseñador e xestor web.
- Community Manager.
OBXETIVOS XERAIS DA TITULACIÓN
– Capacidade analítico-crítica de natureza pluridisciplinaria orientada á comunicación e ao seu entorno socioeconómico.
– Capacidade para levar a cabo labores profesionais de tipo práctico en producións de cine, radio, vídeo, televisión e multimedia.
– Capacidade creativa e dominio da linguaxe audiovisual.
– Predisposición á innovación nos diferentes soportes e producións.
– Facilidade para adaptarse á comunicación nos futuros ambientes multimedia.
Queres máis información?
Contacta por correo: sdfasoc@uvigo.es