1 – Coordinador do Módulo. Será o encargado de:

Coordinar a elaboración das guías Docentes das asignaturas adscritas a cada un dos módulos xerais (Entorno da comunicación, Historia e teoría da comunicación, Tecnoloxía e expresión audiovisual, guión, producción e realización audiovisual, Creación e deseño de contidos interactivos) coidando que os contidos, actividades, e evaluación de competencias se axusten ao establecido nesta memoria, evitando duplicidades, vacíos e/ou aplicación de criterios de evaluación diferentes a distintos grupos de alumnos dunha mesma asignatura.

Supervisar o cumplimento do acordado en cada unha das Guías Docentes.

Organizar e coordinar as actividades conxuntas que afecten a máis dunha asignatura do mesmo módulo.

Redactar un informe, o final de cada cuadrimestre, para dar conta ao Coordinador da Titulación da marcha e problemas detectados no desenvolvemento docente.

2 – Coordinador de prácticas en empresas. As súas funcións serán:

Elaborar normas propias de procedemento de prácticas externas que desenvolven a normatica vixente, en materia de requisitos, procedementos de selección da selección de estudantes, mecanismos de seguemento e evaluación das prácticas

Contactar e informar ás empresas do audiovisual das vantaxes e posibilidades dos programas de prácticas dos estudantes e propoñerlles a realización de convenios con esta finalidade, sempre en coordinación coa Fundación Universidade de Vigo.

Nombrar, para cada alumno en prácticas, a dous titores, un correspondente a un profesor do Centro e outro da empresa ou institución que se realizara.

Informar, asesorar e apoiar aos estudantes en todos os aspectos relacionados cas Prácticas

Recoller información, mediante enquisas, do grado de satisfacción, dirixidas tanto ao alumnado como ás empresas ou institucións que os acolleron.

Evaluar as Prácticas realizadas polo estudante, tendo en conta: Informe do Profesor Tutor da Facultade, Informe do Tutor da Empresa ou Institución e Informe ou traballo elaborado polo alumno.

Redactar un informe anual para dar conta ao Coordinador da Titulación do desenvolvemento e conclusión do programa de Prácticas.

3- Coordinador do Taller de Prácticas Profesionais. As súas funcións serán:

Propor ao profesional ou profesor encargado de impartir o Taller

Elaborar unha ficha cos obxectivos, contidos, calendarios, número máximo de alumnos (nunca inferior a 20) e evaluación do Taller e dalo a coñecer aos alumnos e profesores.

Levar a cabo as labores de coordinación e protocolo necesarias para a estancia do invitado.

Facer as labores de Titor dos alumnos que realicen o Taller

Coordinar os espazos e material necesario para a posta en práctica do Taller

Planificar, no seu caso, actividades paralelas do profesor invitado dirixidos a outros alumnos da Facultade, á comunidade educativa ou ao público en xeral.

Evaluar aos alumnos participantes no Taller, tendo en conto o Informe do Profesional invitado, a asistencia e o traballo realizado por cada alumno inscrito.

Recoller a información, mediante enquisas, do grado de satisfación do alumnado,

Redactar un informe, ao final da actividade, para dar conta ao Coordinador da Titulación do desenvolvemento e conclusións da actividade e unha valoración da utilidade da mesma.

4 – Coordinador de Titulación – Será o encargado de:

Coordinar a actividade docente de cada curso, coidando de que as actividades previstas aseguren unha dedicación continuada dun alumno medio ao largo do cuadrimestre que se axuste o máis posible ás 35 horas semanales.

Supervisar, xunto aos coordinadores do módulo, a elaboración de todas as Guías Docentes e o efectivo cumplimento das mesmas.

Publicar as Guías Docentes, convenientemente actualizadas, en tempo e forma

Detectar necesidades e disfuncións docentes en relación co POD

Organizar e coordinar actividades conxuntas que afecten a diferentes módulos

Propor e coordinar as actividades complementarias da Titulación (conferencias, charlas, proxeccións, información, páxina web, etc) evitando duplicidades y coincidencias

Convocar reuniones cos coordinadores de cada módulo e co profesorado para analizar a marcha da docencia en Titulación. En particular, convocará o final de cada cuatrimestre unha reunión ordinaria con todos os profesores co fin de debatir os problemas e dificultades do cuatrimestre recen rematado e consensuar propostas de mellora.

Redactar un informe, ao final de cada cuatrimestre, para dar conta ao Decanato da Facultade e á Comisión de Garantía de Calidade da Titulación dos problemas detectados no desenvolvemento docente e as súas posibles solución.