UNIDADE DE IGUALDADE
A Universidade de Vigo ten como prioridade, en liña coa Axenda 2030, favorecer a cultura do respecto, da igualdade e da inclusión, garantindo que todas as persoas que conforman a nosa comunidade poidan desenvolver a súa actividade académica e laboral con dignidade e nun espazo libre de violencias de xénero e de máximo respecto dos dereitos humanos. Enlace de Igualdade: José Pita Castelo
Podes atopar toda a información e contactos da Unidade de Igualdade de Uvigo no seguinte link: https://www.uvigo.gal/campus/igualdade
- Protocolo marco de actuación para a prevención e a sanción do acoso sexual e por razón de sexo da Universidade de Vigo
- Formulario de denuncia ante unha posible situación de acoso sexual ou por razón de sexo